Dentro do proxecto “Así convivimos no CEIP de Randufe....”, este ano, quixemos conmemorar o Día do Libro coa celebración dunha SEMANA INTERCULTURAL.
O respecto á diversidade é esencial para acadar una convivencia pacífica, e tendo en conta os dramas que estamos vivindo actualmente no mundo, quixemos aproveitar a diversidade cultural que existe no noso centro para poñela en valor.
De esta forma, elaboramos unha lista coas diferentes nacionalidades do noso alumnado e cada clase encargouse de facer un traballo de investigación sobre cada un dos países .
Finalmente prepararon uns "STANDS" para presentar o resultado que foron visitando todos os cursos!!!
Nestes vídeos podemos ver algúns deles!!!
Ademais deste marabilloso traballo, ao longo da semana , cada curso contou ao resto do alumnado un CONTO típico do seu país !!!
PARABÉNS A TODOS E TODAS E... VIVA A DIVERSIDADE!!!
Dentro do proxecto “Así convivimos no CEIP de Randufe....” , este ano, quixemos conmemorar o Día do Libro coa celebración dunha SEMANA INTERCULTURAL.
O respecto á diversidade é esencial para acadar una convivencia pacífica, e tendo en conta os dramas que estamos vivindo actualmente no mundo, quixemos aproveitar diversidade cultural que existe no noso centro para poñela en valor.
De esta forma, elaboramos unha lista coas diferentes nacionalidades do noso alumnado e cada clase encargouse de facer un traballo de investigación sobre cada un dos países .
Finalmente prepararon uns "STANDS" para presentar o resultado que foron visitando todos os cursos!!!
Neste vídeo podemos ver algúns deles!!!
Ademais deste marabilloso traballo, ao longo da semana , cada curso contou ao resto do alumnado un conto típico do seu país !!!
Parabéns a todos e todas e ... Viva a diversidade!
O pasado día 19, o alumnado de 1º e 2º asistiu á Área Panorámica de Tui para celebrar o "Tui Le". Como levamos facendo nos últimos anos, xuntámonos cos colexios e institutos do concello de Tui para festexar a festa das letras e dos libros, contando ademais coa colaboración da Biblioteca Municipal e a Concellería de Ensino.
Intercambiamos libros, asistimos á actuación de "Pakolas e Laura Romero" e visitamos a exposición de carteis que fixo o alumnado participante.
Esperamos darlle continuidade a esta celebración e animar así a todos a que se acheguen ao fantástico mundo dos libros.