DÍA DO LIBRO 2024

DÍA DO LIBRO

Dentro do proxecto “Así convivimos no CEIP de Randufe....” , este ano, quixemos conmemorar o Día do Libro coa celebración dunha SEMANA INTERCULTURAL.

O respecto á diversidade é esencial para acadar una convivencia pacífica, e tendo en conta os dramas que estamos vivindo actualmente no mundo, quixemos  aproveitar diversidade cultural que existe no noso centro para poñela en valor.

De esta forma, elaboramos  unha lista coas diferentes nacionalidades do noso alumnado e cada clase encargouse de facer un traballo de investigación sobre cada un dos países .

Finalmente prepararon uns "STANDS" para presentar o resultado que foron  visitando todos os cursos!!!

Neste vídeo podemos ver algúns deles!!!

 Ademais deste marabilloso traballo,  ao longo da semana , cada curso contou ao resto do alumnado un conto típico do  seu país !!!

 

Parabéns a todos e todas e ... Viva a diversidade!