Un ano máis, o CEIP de Randufe participou na revista "Aprende a escoital@s" do Concello de Tui. Nesta ocasión, relatamos as prácicas restaurativas que axudan a cohesión grupal, o diálogo e, mesmo, a resolución de conflitos.
Non a perdades porque tamén poderedes ver outras actividades doutros centros de Tui.
Un ano máis, no cole de Randufe celebramos as nosas verbas, autores e libros máis senlleiros.
Este curso, estudamos e gozamos dos poemas e textos de Luísa Villalta que soaban como melodías para os nosos oídos. Por iso, os estudantes prepararon un recital poético na súa honra.
As palabras entoaban melodías!
Ademais, queremos agradecer a Yago e Jacobo que nos acompañaron neste día tan especial. Queredes ver unha mostra?
Chegou a primavera e é tempo dos maios, das Letras Galegas e.., de mover o esquelete!
Este mes de maio queremos recomendarvos a música da Familia Caamagno, un grupo de música rock de Sigüeiro. Nesta ocasión estes rapaces só queren bailar!
Na honra das festas de San Telmo e a visita das fillas de Cassandra a nosa vila, presentamos a canción de mes de abril que crearon xunto as Tanxugueiras. Así que...
Ola oíntes de Radio Municpal de Tui e Comunidade do CEIP Randufe!
Hoxe, a rapazada do cole de Randufe quérevos recomendar un conto que, eles mesmos, leron xuntos. O seu título é "Un ovo de lobo". Non perdades a entrevista que lle fixeron os rapaces de 6º de Infantil aos seus compañeir@s de 3º de Primaria.
Un ano máis, no CEIP Randufe nos achegamos a poesía de Rosalía dende a emoción que reflicten os seus versos. Ninguén mellor que o noso alumnado para presentar os sentimentos das súas verbas.
Un novo mes xa chegou e, polo tanto, unha nova canción para cantar, bailar e gozar.
Neste mes de marzo celebramos o día da muller traballadora así que, como non podía ser menos, a nosa canción é unha homenaxe a todas as mulleres que son "brillantes activistas da vida cotiá".