Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Normalización

RECURSOS PARA O NADAL

Deixámosvos uns recursos para utilizar nestas datas. Esperamos que vos gusten. Pinchade na imaxe para acceder.

PONTE A CONSTRUIR!

Durante o mes de novembro celebramos o mes da Ciencia en Galego e, como xa vos contamos, adicamoslle unha pequena homenaxe aos enxeñeiros construíndo unhas pontes fantásticas. 

Moitas grazas grazas a todas as familias que colaboraron na creación de marabillosos proxectos. Foi divertido, non si?

Admirade as creacións... Canto talento en Randufe!

 

As pitas acabáronse mollando!

Día da Ciencia en Galego 2020. PONTE A CONSTRUIR

Estimadas familias;

No mes de novembro celebramos o mes da Ciencia en Galego e, nesta ocasión, queremos facer a nosa pequena homenaxe  aos enxeñeiros. En conexión co proxecto de centro, os nosos alumn@s van aprender sobre as pontes, esas construcións que unen vilas, persoas, culturas, etc. SON BEN INTERESANTES!

BOTÁDELLE UN OLLO A ESTES MATERIAIS E ANIMÁDEVOS A CONSTRUR!

 

 

 

 

A colocación dos pronome átonos

A corecta colocación dos pronomes átonos parece unha tarefa imposible, pero con música, sempre aprendémolo mellor.

Fantásticas!

Radio Escolar

06/11/2020 19:34
Europe/Madrid

Por fin chegou a nova tempada de radio escolar no CEIP RANDUFE. Agracemos á escola de Pazos ded Reis e Radio Tui a oportunidade de participar neste fantástico proxecto. Tamén queremos felicitar as outras escolas participantes.

Lois, Lucía, María e Érik foron as estrelas neste primeiro programa e queremos compartilo con todos vós. Non podemos coas ganas de comezar o seguinte programa. 

ESCOITADE:

 

A avoa Maria cóntanos un conto no Samaín

29/10/2020 20:24
Europe/Madrid

A avoa María, a avoa da profe Laura, sempre viña a celebrar o Samaín no CEIP Randufe. Como este ano non pode vir, querevos enviar este conto que aprendeu cando era nena alá na aldea de Casanova, en Lugo. 

MIRADE!

REVISTA "APRENDE A ESCOITALOS"

O Concello de Tui convidounos a participar na revista "Aprende a escoitalos" e dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega achegamos a nosa aportación cunha publicación referida ao Entroido.

TROULEANDO NA COCIÑA

 

TROULEANDO NA COCIÑA


              O vindeiro 16 de Marzo iremos cos nenos/as de Infantil ao centro “San Xerome Emiliani" da Guarda  a facer varios obradoiros, entre eles un de cociña.

 

 Para isto estámonos preparando estes días… e , que mellor maneira de facelo, que "estudando" vocabulario de menaxe. Con tal motivo gravamos un divertido vídeo adicado ao alumnado deste centro no que aparecen algúns dos útiles de cociña que aprendemos.

 

Agardamos que vos guste…Guiño

 

MEDIO AMBIENTE NO ENTROIDO

Nubes, pingas de chuvia, buzos, soles, axentes verdes, zombies do lixo e gardas forestais. Foron estes os motivos medioambientais escollidos este ano na escola para vestirnos no Entroido.

E, seguindo esta orde, fomos desfilando polo patio mentres se ía relatando unha historia con todos estes elementos.

Foi unha xornada onde acompañados/as polas familias, por unha charanga e tamén polo sol Sorriso puidemos gozar desta celebración tan agardada durante as semanas anteriores.

Ademais a ANPA ofreceu a toda a comunidade educativa unha degustación  de productos típicos desta época onde non faltaron filloas, orellas, bicas... que animaron aínda máis a xornada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut