Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Normalización

Radio escolar: Elmer

Estimados radiooíntes de Radio Tui e toda a Comunidade Educativa do CEIP Randufe:

Non perdades detalle da recomendación lectora dos estudantes de 2º de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil.

                                    Canto talento neste cole! 

Revista Andoriña- A xanela de Rosalía

        Extra .... extra!

Nova publicación da revista escolar Andoriña que recolle todos os traballos do noso alumnado na celebración do día de Rosalía. É unha visión ecoloxista da poesía Rosaliana onde se compara a paisaxe que describe Rosalía de Castro e unha paisaxe que sufriu as consecuencias dos humanos: a contaminación!

 

Radio escolar: o grupo de 6º na Radio Municipal de Tui

Unha vez máis, o alumnado  de sexto da nosa escola fixo un traballo incrible recomendando o libro "O principiño" para toda a comarca do Baixo Miño.

Non perdades detalle do programa...

                        ES...PEC....TA ....CU ...LAR!

 

 

En galego... máis e mellor: as palabras homofonas

ESTREA MUNDIAL DO NOSO SEGUNDO EPISODIO!!!!

                       EN GALEGO... MÁIS E MELLOR!

O alumnado de 4ºB quérevos ensinar a usar correctamente certas palabras "difíciles"

                                                   Tres, dous, un... ACCIÓN!

 

 

Radio Escolar na Radio Tui

Unha vez, @s estudantes do CEIP Randufe brilan na Radio Municipal de Tui coa súa recomendación lectora. 

Que fantástico traballo fixeron @s rapaces de 4º A e 4ºB tanto na creación como na locución do seu guión sobre o libro "La historia del Rainbow Warrior".

Ah! Que non o escoitachedes hoxe? Non vos preocupedes. Aquí volo deixamos para compartir con toda a familia.

Bo traballo!

Cantigas de Reis

ESTREA MUNDIAL!

                GRANDE ACTUACIÓN DOS ESTUDANTES DE 3º E 4º!

                                   NON A PERDADES!

 

Mes da Ciencia en Galego: Evariste Galois e Ángeles Alvariño

Parece que o mes de novembro xa nos quere abandonar mais non podemos deixar pasar a oportunidade de mostrarvos o moito que traballaron e aprenderon @s estudantes do noso cole sobre o mundo mariño e os grupos matemáticos. 

Moitas grazas  pola colaboración e, recordade:

                COIDAR OS NOSOS OCÉANOS E COUSA DE TOD@S!

Este é o resultado do noso estudo:

 

Radio Randufe 3º E.P.

UNHA NOVA ENTREGA DA RADIO RANDUFE!!!!!!

Moitos parabéns aos estudantes de 3º E. P.  pola súa participación no programa da Radio Municipal de Tui. 

             Queredes escoitar a súa recomendación lectora?

                                                 Premede no arquivo e ... a gozar!

 

 

Novembro: Mes da Ciencia en Galego

Novembro chegou, un ano máis, con moita Ciencia e contidos interesantes para tod@s!

Este ano, celebramos dos persoeiros moi interesantes:

Evariste Galois: matemático francés creador da teoría de grupos moderna.

Angeles Alvariño: oceanógrafa galega descubridora de máis de vinte especies mariñas.

   Queredes saber máis?

Os estudantes de 6º da nosa escola vanvos contar unha chea de cousas deles:

 

  

 

Se estades dispostos a experimentar, teredes na vosa aula un CONXUNTO DE ACTIVIDADES, para compartir cos vos@s compañeir@s e aprender sobre a fauna mariña e os conxuntos. 

                        PREPÁRATE PARA AGRUPAR E CLASIFICAR!

 

Programa Radio Escolar

Ola! Un ano máis comeza unha nova tempada da Radio Escolar en colaboración coa Radio Municipal. 

Moitas grazas pola experiencia da radio en directo. Aquí vos deixamos o programa de presentación que prepararon os rapaces de Valores de 4ºB. 

          Desexamos que vos guste!

Distribuir contido


by Dr. Radut