Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Normalización

Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán

Ola!

Agora que acaba maio, o mes das Letras Galegas, queremos amosarvos e agradecer o traballo que fixechedes para amosar o agarimo pola nosa Terra e máis a nosa Lingua como Florencio.

                           Non perdades detalle!

 

Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán

Estimadas familias,

Como ven sabedes, achégase o Día das Letras Galegas e queremos facer unha homenaxe a Don Florencio Delgado Gurriarán, un poeta namorado da súa terra no exilio mexicano.

Para elo, queremos solicitar a vosa colaboración. Como ben di Fina Casalderrey no vídeo adxunto, Florencio escribía notas de amor a Galicia en papeliños.

Iso mesmo queremos facer no cole. Como Robinsóns da Lingua, pedísmovos que escribades unha notiña cunha palabra ou poema, tanto creado por vós ou do voso autor favorito,  dentro dunha botella de plástico. Para poder rescatalo na nosa rede, por favor, atade o poema cun cordeliño como aparece no exemplo da foto.

Todas as vosas creacións serán parte da nosa exposición no cole.

                              Animádevos!

 

 

 

Radio Escolar: 6º de Infantil

                      Vaia canteira temos no CEIP Randufe! 

Os estudantes de 6º de Infantil participaron no programa Radio Escolar da Radio Municioal de Tui recomendando o libro "Poemas birollos para ler cos ollos". 

Hoxe, que celebramos o día da Poesía, é un b o momento para escoitar a estes cativ@s demostrar os seu agarimo polos poemas desta obra tan divertida.

        Escoitade con moooooita atención!

 

 

Día da Poesía: Campanas de Bastabales

Feliz día da Poesía!

Grazas as familias colaboradoras na lectura do Poema "Campanas de Bastabales" de Rosalía de Castro.

                                               Sodes unhas estrelas! 

En familia, os poemas saben mellor!

Mirade!

 

 
 
 

Día de Rosalía

Estimadas familias:

Co gaio do día de Rosalía. o 23 de febreiro, queremos facervos partícipes dunha iniciativa para homenaxear a esta autora. Dende o centro animámosvos a facer unha lectura colectiva do poema "Campanas de Bastabales" e filmar esa lectura en alto como familia. Así, unha vez feito, enviade o vídeo ao enderezo electrónico: samaínrandufe@gmail.com

Podedes descargar o poema no adxunto ou solicitar unha copia en papel aos titores dos vosos fillos/as se así o precisades.

Agradecedemos a vosa colaboración de antemán.

Un saúdo 

Día de Rosalía

Estimadas familias:

Co gaio do día de Rosalía. o 23 de febreiro, queremos facervos partícipes dunha iniciativa para homenaxear a esta autora. Dende o centro animámosvos a facer unha lectura colectiva do poema "Campanas de Bastabales" e filmar esa lectura en alto como familia. Así, unha vez feito, enviade o vídeo ao enderezo electrónico: samaínrandufe@gmail.com

Podedes descargar o poema no adxunto ou solicitar unha copia en papel aos titores dos vosos fillos/as se así o precisades.

Agradecedemos a vosa colaboración de antemán.

Un saúdo 

PRESENTACIÓN MUNDIAL DE... EN GALEGO MÁIS E MELLOR!

DAMAS E CABALEIROS!

CHEGOU O PRIMEIRO PROGRAMA DE ... EN GALEGO MÁIS E MELLOR! REALIZADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS  DE 3º B. NESTA OCASIÓN OS ESTUDANTES VANVOS ENSINAR O QUE SON AS PALABRAS COMPOSTAS. 

                                                         OLLO PIOLLO!

DIALOGAMOS?

Os estudantes de Valores de 3ºB quérenvos presentar a súa película Dialogamos? Unha historia real pensada, escrita e representada por eles.

                             Non vos pasou alguna vez?

                                                            Prestade atención!

 

RADIO ESCOLAR NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Xa estamos de volta nas ondas cunha recomendación lectora dos estudantes de cuarto: As pombas de Bastián.

Non deixedes escapar a oportunidade de escoitalos. 

                          QUE FANTÁSTICO TRABALLO!!!!!

ESCOITADE, ESCOITADE...

 

 

 

Ciencia en Galego: Reconstruíndo a nosa cidade!

Xa está aquí! Xa chegou!

Por primeira vez nas redes, o noso mapa interactivo de creación cooperativa de todo o CEIP Randufe.

Grazas a Sara Quintana por animarnos a coñecer, descubrir e pescudar sobre a nosa vila. 

                              NORABOA A TODAS AS AULAS! 

COMPARTIDE, DIFUNDIDE E PROBADE O NOSO XOGO VIRTUAL!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut