Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Normalización

1º B EN RADIO TUI

Coma expertos/as locutores/as os nenos/as de 1ºB fixeron a súa primeira intervención na radio para recomendar aos oíntes un conto que a eles/as lles encantou: "A araña que lle tiña medo ás arañas"

¡Vixíate, José Font, que con estas novas promesas o teu posto corre perigo!

VISITOUNOS LEDICIA COSTAS

Como agasallo polo Nadal moitos dos nosos alumnos/as de 5º e 6º pediron algo moi especial: un libro da nosa sonada escritora galega Ledicia Costas.

Cos inventos da señorita Bubble e coas aventuras de Extravaganzza gozaron dunhas fabulosas horas de lectura e tamén o fixeron coa presenza de Ledicia que nos visitou hoxe  para realizar un debate reflexivo cos seus lectores/as.

Pero non chegou soa… había unha pequena sorpresa…viña acompañada do ilustrador Andrés Meixide que amenizou a sesión cos seus marabillosos debuxos.

Moi agradecidos/as vos estamos, Ledicia e Andrés, por visitarnos e darnos a oportunidade de coñecervos.

 

 

CHEGOU O ENTROIDO A RANDUFE

Estas semanas estamos a achegar aos nosos nenos/as a un dos festexos máis arraigados do noso folclore: o Entroido. Para iso cada aula investigou arredor dalgúns dos moitos personaxes que nesta época do ano saen á rúa co fin de conservar a tradición e tamén de garantir o colorido, a ledicia e o balbordo. Con peliqueiros, pantallas, cigarróns, xenerais, etc. mergullámonos nun apaixonante mundo onde un elenco de rechamantes personaxes provocaron gran fascinación no noso alumnado. Puideron ver en directo a vestimenta dalgún deles, comprobar se o peso do cinto era tanto como por aí se di e os máis valentes ata puxeron a máscara non unha vez nin dúas, senón ata tres veces.

Ademais cos máis pequenos/as da escola fixemos a máscara e o cinto do cigarrón que luciron moi contentos polo patio acompasados coa alegre música das chocas.

 

 

 
 
 
 

CONCURSO-EXPOSICIÓN "TESOUROS DA NOSA FALA"

28/01/2020 12:10
Africa/Addis Ababa

 

Coa idea de fomentar o uso do galego dende o equipo de EDLG convocouse a todo o alumnado a participar no concurso-exposición “Tesouros da nosa fala” no cal elexían unha palabra en galego que fose diferente ao castelán e traían da casa unha foto na que  aparecían eles representando esa palabra. Á gran participación sumouse a tenrura, o humor, a orixinalidade e a invención.Tal implicación permitiu que os alumn@s aprenderan novas palabras xa que as fotos chamaban a atención e facía que os nen@s se achegaran a mirar.

Para continuar con tal labor de aprendizaxe o agasallo de participación foi un pin con palabras das que el@s trouxeron. Esto tamén propiciu que se motivaran a ler as palabras que lles tocaran aos demais e buscar o pin no que estaba a propia.

A elección de gañador@s foi un proceso complicado pero ao final resultou ser unha foto colectiva de catro alumnas de 6º que levaron unha taza na que ía impresa a súa foto coa palabra escollida.

A continuación procedemos a encuadernar tódalas participacións para facer un libro que estará na biblioteca do centro a disposición de toda a comunidade educativa.

¡Grazas a tod@s pola vosa participación para facer posible esta actividade!

 

             

 

 

 

 

CORREO ESCOLAR POLO NADAL

22/12/2019 20:37
Africa/Addis Ababa

 

Chegou o Nadal e con el o turrón, os mazapáns, polvoróns, e…  ¡ as felicitacións!!

Despois de enviarlle as súas postais ao alumnado dun curso do mesmo nivel do C.E.I.P. “Pena de Francia”  (centro do cal procede unha nova compañeira deles),  ao alumnado de 4º non lle chegaba a hora de abrir as súas.

Pero por fin foi o momento… e cheíños de curiosidade e emoción abriron cadanseus sobres…

 

 

                   

 

 

PROGRAMA RADIO TUI 4º PRIMARIA

 

Os nen@s de 4ºde Primaria erguéronse o xoves algo nervios@s. A causa desta excitación era a súa segunda participación no programa de radio Tui para recomendar unha lectura.

“Poemar o mar” de Antonio García Teijeiro foi o libro escollido nesta ocasión para aconsellar aos oíntes e con moito tino, gracia e sobre todo con moitas ganas fixeron esta intervención.

Se queredes comprobalo non tedes máis que oílos. 

 

 
 

TEATRO "CONTOS POLA IGUALDADE"

29/11/2019 11:28
Africa/Addis Ababa

              Para conmemorar o día da non violencia de xénero o concello convidounos  ao espectáculo “ Somos iguais. Contos pola igualdade” no teatro municipal.O alumnado de Educación Infantil ,1º e 2º de Primaria gozou  con Raquel Queizás dunha actuación onde a través de varios contos interactivos se trataron de xeito ameno e divertido os roles e os estereotipos que abundan nos contos.

O humor e a participación continuada do público contribuíron a crear unha sesión moi entretida que agardamos que, sobre todo, tamén servise para abrir algún pequeno foco de reflexión nos nos@s cativ@s.

Grazas, concello de Tui, e grazas, Queliña, por darnos a oportunidade de  aplaudir o teu talento.

 

 

                                

ESTREO EN RADIO TUI

 

O 7 de novembro os compañeir@s de 4º curso iniciaron a aventura radiofónica no programa de recomendación lectora “A Porteliña” da radio municipal. Xunto cos outros seis colexios participantes fixeron unha marabillosa presentación do programa. ¡¡Noraboa, locutor@s !!

 

 

 

SAMAÍN

07/11/2019 14:21
Africa/Addis Ababa

A semana pasada festexamos o Samaín no cole. Á tradicional exposición das cabazas decoradas engadímoslle este ano un obradoiro de maquillaxe e actividades de escuridade na biblioteca durante as sesións de recreo. Foron unhas sesións moi arrepiantes, pero sobre todo… moi divertidas!!

 

 

 

 

 

ABRAHAM CARREIRO VISITA O COLEXIO

00/00/
Array

O pasado xoves 13 de maio tivemos a sorte de contar con Abraham Carreiro no colexio. Que nos presentou o seu novo traballo "Contos que len outros nenos de mundo". Esta colección de contos trata de achegarnos ás diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares.

Abraham debuxando a cigoña

 Os nenos e nenas de 3º quedaron abraiados polo traballo de Abraham e comandados por Noé tentaron  imitalo. A verdade que o resultado foi impresionante !!! Quen sabe se temos algún ilustrador ou ilustradora dentros destes rapaces/as.

 nenos e neas de 3º

 

Distribuir contido


by Dr. Radut