Co gallo do mes da ciencia, tivemos na entrada da nosa biblioteca esta exposición tan interesante acerca das diferentes ramas da ciencia: astronomía, botánica, bioloxía, física...
Ademais, ampliamos a exposición da entrada do noso PDI "Construímos?", incluíndo a temática na que nos centramos este mes da ciencia: AS PONTES. Pouco a pouco irase enchendo coas pontes creadas dende as diferentes aulas.