Diagnóstico 11



 

Arredor de 45.000 alumnas e alumnos de 2º da ESO e 4º de primaria someteranse nas vindeiras semanas á Avaliación de Diagnóstico 2011 na Comunidade Autónoma de Galicia, que organiza por segunda vez a   Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Uns 1.100 centros educativos de Galicia –todos os que imparten ensinanza básica- pasarán as probas entre o seu alumnado. A Avaliación realizarase os días 11 e 12 de maio na ESO e 19 e 20 do mesmo mes en primaria.
O obxectivo desta proba é coñecer o nivel de desenvolvemento das capacidades básicas do alumnado ao remate dos devanditos cursos - ao mesmo tempo, fin do segundo ciclo de primaria e do primeiro de secundaria-.