Diagnóstico 09


  A Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio establece que se realizará unha avaliación de diagnóstico das capacidades básicas do alumnado que cursa ensinanzas correspondentes ás etapas de educación primaria e secundaria.
É unha avaliación sen efectos académicos, formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias e o conxunto da comunidade educativa.
A proba desenvolvese o día 21 de outubro e nela participa o alumnado que está a cursar 5º EP. As competencias básicas que se avalian son a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática.
Para o desenvolvemento das probas empregaranse un caderniño do alumnado para cada unha das competencias e un cuestionarios dirixidos ao alumnado , familia, dirección dos centros educativos e profesorado titor dos grupos avaliados.