Diagnóstico 12


 

Uns 1.100 centros educativos de Galicia –todos os que imparten ensinanza básica- pasarán as probas entre o seu alumnado. A Avaliación realizarase o 23 e 24 de maio en primaria.
O obxectivo desta proba é coñecer o nivel de desenvolvemento das capacidades básicas do alumnado ao remate dos devanditos cursos - ao mesmo tempo, fin do segundo ciclo de primaria e do primeiro de secundaria.

O calendario das probas en primaria é o seguinte


Día 23 de maio: 

  • Competencia matemática
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

Día 24 de maio:

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Cuestionario de contexto