Skip to Content

Orientación

ADICIÓN DIXITAL INFANTIL

 
Algunha vez preguntácheste se o teu fillo/a pasa demasiado tempo en INTERNET ou usando algún dispositivo como o móbil ou a "tablet"? Queres saber cal é o segredo para manter aos teus fillos/as seguros no mundo dixital?
Un dos efectos "colaterais" da COVID e do tempo de confinamento que tivemos que permanecer sen contacto social foi o incremento e exposición de toda a poboación ás tecnoloxías. Hoxe en día, obsérvase como moitas nenas/os xeraron unha relación de dependencia cos medios tecnolóxicos. Desde o Departamento de Orientación elaboramos un artigo onde se recollen os síntomas máis evidentes así como algúns consellos de prevención.
Podedes consultar o artigo no seguinte blogue do Departamento:
 
 

CONSELLOS SOBRE CIBERSEGURIDADE

Nestes tempos nos que a tecnoloxía está tan presente na nosa vida, cómpre ter presentes un consellos para NAVEGAR DE MANEIRA SEGURA por Internet.

 

 

 

PAUTAS PARA MELLORAR A COMUNICACIÓN POSITIVA COS FILL@S

A continuación presentamos unha serie de pautas ou consellos que  poden permitir mellorar a comunicación cos fillos e fillas:

1. ESCOITAR ACTIVAMENTE: Concentrarse no que nos están dicindo, mirarlle aos ollos ... non sirve de nada escoitar “a medias” ou facendo outras actividades como consultar o móbil ... Os nenos/as son expertos en detectar se estamos escoitando “ a medias”.

 

2. CENTRARNOS NO POSITIVO: Intentar centrarse en buscar solucións e alternativas en lugar de culpables e reproches. 

 

3. CALIFICAR AS CONDUTAS E NON AO NENO/A: Dicir o que non nos gusta do que está pasando en lugar de calificar ao noso fillo/a a través dunha etiqueta. Por exemplo: “Non me gusta como está o teu cuarto” en lugar de “ eres un/ha desordenado/a”.

 

Fonte: Educar es todo.

Aquí podedes ver o artigo completo: 

https://educarestodo.com/blog/mi-hijo-no-cuenta-nada-cuando-sale-del-colegio-pautas-para-mejorar-la-comunicacion/

HORARIO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2022 - 2023

OBRADOIROS SOBRE AS EMOCIÓNS (CONTRATOS - PROGRAMA)

Dentro dos CONTRATO  - PROGRAMA deste curso, particiamos na liña do EMOCIÓNA-T. Entre outras actividades, contamos cuns obradoiros a cargo de BAIA FERNÁNDEZ: 

 

 

 

O BANCO DA AMIZADE

Recibimos esta semana no centro o BANCO DA AMIZADE que estará con nós durante un tempo. Agardamos disfrutalo facendo moitas actividades con el! Xa vos contaremos!!

Esta actividade está enmarcada dentro do CONTRATO- PROGRAMA: EMOCIÓNA- T.

 

ENLACE AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - RECOMENDACIÓNS DE XOGOS DE MESA PARA ESTE NADAL

 

Resultado de imagen de juegos de mesa

Aquí chega unha selección de xogos de mesa para todas as idades!!!

 

https://orientaviondi.blogspot.com/2020/12/recomendacions-de-xogos-de-mesa.html

 

RECOLLIDA DE INFORMACION POST.- COVID PREVIA AO DESEÑO DE MEDIDAS PARA O CURSO 2020 - 2021

Creamos este cuestionario para recoller información post- covid, coa intención de deseñar medidas específicas para o vindeiro curso. 

O cuestionario é totalmente anónimo e está destinado a todas as familias do centro. 

Tes dúas formas para participar:

1. Desprazarte na imaxe e ir contestando directamente as preguntas

2. Cumprimentar desde este enlace: https://forms.gle/vSuNB99Mx3eUF66U8

 

GRAZAS POR PARTICIPAR!!! 

 

 

CALQUERA DÚBIDA PODES ESCRIBIR A : orientacionviondi@hotmail.com

 

 

ENLACE AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - CAMBIOS DE ETAPA

Moitos son os cambios que temos que enfrontar ao longo da nosa vida. Estes últimos meses estamos vendo que algúns son imprevisibles, pero outros moiton non e cómpre estar preparados/as para eles así, cando cheguen, se nos anticipamos, todo irá mellor.

Nesta entrada podedes atopar información para as familias respecto aos momentos de transición entre as etapas: o comezo da escolarización en 4º de Infantil, o paso de Infantil a Primaria e por último o cambio para Secundaria. Ofrecemos unha serie de consellos que poden ser de utilidade para comprender mellor os cambios e saber como actuar.

 

Fai clic nos seguintes enlaces

 

 

E para o alumnado de 6º curso de E.P tamén podedes descargar a seguinte guía elaborada pola Orientadora do IES GARCÍA BARROS, onde atoparemos información útil sobre a organización das clases e moito máis: https://drive.google.com/file/d/1rFyoLcy8gGOszZ5vDtwFlmJ4m3HEIJxx/view

 

 

 

MÁIS ALÁ DO BALCÓN ENLACE AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Un recurso moi interesante para traballar as emocións producidas pola corentena. Ao mesmo tempo, ofrece información sobre a diferenza entre unha pandemia, unha epidemia e unha endemia ou entre un virus e unha bacteria.

Podedes acceder aquí:

https://orientaviondi.blogspot.com/2020/05/mais-ala-do-balcon.html

Distribuir contido


by Dr. Radut