Skip to Content

A mellor sopa do mundo

No comedor gañamos o concurso de Nadal organizado por FOANPAS no que tiñamos que elaborar unha riquísima sopa cos valores que queremos ver ao noso arredor!! Risa

O venres viñeron a entregarnos o premio (moitos xogos novos para entreternos despois de comer) e estabamos todos moi orgullosos da nosa sopa máxica.

Xa sabedes, con un pouco de empatía, unha pizca de confianza e un par de sorisos temos a mellor sopa do mundo.

Clicade aquí para acceder á galería de imaxes.

Datos de interese

Benvidos ao recuncho dende o que as familias podemos participar e involucrarnos de xeito máis activo na vida escolar dos nosos fillos e fillas.

O horario da ANPA, é de luns a venres de 9:00 a 9:20h polas mañás e de 16:00 a 17:00h polas tardes (ás veces ata mais tarde, dependendo das actividades extraescolares).

O noso teléfono de contacto é: 618622719.

Para máis información no Facebook: https://www.facebook.com/anpa.oteropedraio, onde iremos actualizando as actividades da ANPA.

Vémonos no cole!

Nun mar azul

Deixámosvos este video con motivo do día da diversidade.

Xa sabedes que na diversidade está o gusto. Guiño

Disfrutando do noso patio

Como sabedes, este ano temos un novo propósito no cole: disfrutar do recreo ao 200%, e para iso precisamos coidar o patio e mantelo limpo.

Contamos coas "patrullas verdes" que se encargan de recoller os papeis e restos da merenda que os nosos compañeiros deixan esquecidos no patio (botellas, roupa, tuppers...) e pouco a pouco tomamos conciencia da importancia de manter os espazos limpos.

Pero un patio limpo non xenera de por si satisfacción, polo que tamén temos novos xogos para minimizar as disputas e pelexas do patio. Deste xeito mentres estamos xogando estamos creando vínculos de unión cos nosos compañeiros, respectamos as quendas de xogo... e retomamos xogos tradicionais como a corda ou a goma.

Que patio tan magnífico temos!

Axudádenos a mantelo así Sorriso

Clicade na foto para acceder á galería de imaxes.

Correndo pola diabetes

Onte, coincindo co día mundial da diabetes, as profes de comedor organizaron unha carreira no patio. Xa sabedes que a nosa alimentación pode influir na futura aparición desta enfermidade, polo que debemos coidar o que comemos.

Mirade que ben o pasamos!

Distribuir contido


by Dr. Radut