Este ano estamos comezando un programa de innovación educativa sobre robótica, para o que en primeiro lugar teremos que formarnos os profes e posteriormente comezaremos a traballar co alumnado.
Por este motivo, hoxe, duas representantes do centro, asistiron á charla que se realizou un Santiago de Compostela para todo os coles participantes de Galicia nestre proxecto.
Agardamos ansiosos a que nos cheguen os robots para poder comezar a traballar con eles, mentres tanto podedes ver aquí algúns exemplos das actividades que poderemos facer co alumnado e o autónomos que son, creando eles mesmos as ordes e comandos para dirixir e programar os seus robots.
O pasado venres 20 de outubros, o grupo de 5º de primaria fixo a primeira saída escolar do curso coa visita ao mercado do Progreso.
Alí realizaron o obradoiro "Dalle valor ao peixe".
En primeiro lugar no supermercado Familia e da man de Graciela, unha bióloga experta no tema, falamos dos valores do peixe, a calidade, etiquetaxe...
De seguido e coa información que xa tiñamos, fixemos unha receita riquísima coa axuda do chef Pepe Solla: "fingers de peixe" con duas salsas para mollar. Todo un manxar. Estaba tan boa que os máis larpeiros repetiron varias veces, e (ainda que non o creades) aqueles aos que non lles gusta o peixe tamén quedaron encantados.
Marcharon todos desexando poñer en práctica a receita aprendida. Xa vola ensinaron na casa? Estaba de rechupete!