CEIP Otero Pedrayo-Vigo
O CEIP "Otero Pedrayo" está situado na parroquia de Matamá en Vigo (Pontevedra). Neste Centro impártense as etapas educativas de Educación Infantil e Educación Primaria.
A parroquia de San Pedro de Matamá esténdese ó longo de 4,67 quilómetros cadrados en donda pendente ata a beira do Lagares. O número de habitantes rexistrado no último censo é de 4.275. O desenvolvemento demográfico da parroquía é inseparable do crecemento económico da década dos 60 do último século, en especial da instalación da Factoría Citroën na zona. As actividades socio-culturais organízanse en torno á asociación de veciños A Unión e á sociedade cultural e deportiva Atlántida.
Vigo é unha cidade situada en Galicia, España. Forma parte da provincia de Pontevedra, bisbarra histórica de Val do Fragoso.
É unha cidade costeira das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome, (Ría de Vigo), ao Nordés co municipio de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos de Porriño e Gondomar e ao sueste co municipio de Nigrán. Ao outro lado da Ría e xusto en fronte da cidade encóntranse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3'6 km de distancia, respectivamente.
É a cidade máis poboada de Galicia e o décimo cuarto concello de España con 294.772 (Poboación a 1 de xaneiro de 2007), e a súa área metropolitana ocupando o posto 12º na lista das áreas urbanas de España. A súa extensión é de 109,1 km2. A densidade de poboación do area se situa en 2688 hab/km2 aínda que na zona urbana esta se incrementa notablemente.