Skip to Content

5º na Sanifesta!

Hoxe o alumnado de 5º foi á Sanifesta, onde practicaron hábitos de alimentación saudables e ata ensaiaron un baile entre todos!

Clicade na foto para acceder á galería de imaxes:

Día Internacional do Cancro Infantil

O pasado 15 de febreiro foi o Día Internacional do Cancro Infantil.

Ese día, en colaboración coa asociación Bicos de Papel, tiñamos pensado facer un lazo dourado no patio para amosar o noso apoio aos nenos e nenas que padecen esta enfermidade pero o tempo non o permitiu, polo que soamente limos o manifiesto que tedes na radio do cole.

Por sorte, onte fixo bo tempo e puidemos facer o lazo. Aquí tedes o resultado, para o que contamos coa axuda da familia de Leire e Izan (de 5 e 3 anos respectivamente) que viñeron a facernos a foto.

Moitas grazas a todos os que participastes nesta bonita iniciativa!

20.000 leguas de viaxe baixo o mar

Deixámosvos aquí unha ligazón a unha noticia do Faro de Vigo no que se fala de Verne, o Nautilus, a ponte de Rande... En definitiva que está directamente relacionada co proxecto que estamos a tratar este ano no cole.

Ademais tedes un video das profundidades da nosa ría, no que poderemos observar, entre outros, varios polvos desprazándose polo noso fondo mariño.

Calendario de matrícula curso 2018-2019

Actualizamos o calendario de

admisión de alumnado para o curso 2018-2019:

20.000 leguas de entroido no cole

Xa temos aquí as fotos do desfile de entroido que fixemos o pasado venres.

Despois de toda a semana atentos ao tempo, tivemos a sorte de ter un ratiño de sol para lucir os nosos traxes como merecían; e a pesar do pequeno problema que tivemos coa megafonía, pasámolo en grande!

Moitas grazas a todos por vir!

Clicade na foto para acceder á galería de imaxes:

Distribuir contido


by Dr. Radut