Skip to Content

Visita museo Illas Atlánticas (4-5 anos e 1º)

Hoxe os nenos e nenas de 4 e 5 anos e 1º de primaria fumos ao museo Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, onde descubrimos a partires da historia de Martiño (un corvo mariño cristado) algúns dos elementos propios destas illas.
 
A visita dividiuse en tres actividades (presentación dos animais e elementos naturais das illas, xogo de "pesca" e un pequeno contacontos) polas que fumos rotando en grupo e pasouse o tempo voando! 
 
Algún quería ir ás illas de verdade pero nesta ocasión non puido ser. Queda pendente para o verán, a ver se convencemos ás nosas familias para que nos leven!
 
 

Visita Jacobo Fernández

O pasado venres 6 de abril, recibimos a visita de Jacobo Fernández Serrano, o autor do libro "O pirata e a Lúa" da colección Marcopola, que leron os nenos e nenas de 2º de primaria.

Pasámolo en grande escoitando todas as cousas que nos tiña que contar, e ata puidemos ver como fai os debuxos e deixouno un como agasallo.

Moitas grazas por vir, Jacobo!

Para acceder á galería de imaxes, clicade na foto:

Resolución das admisión de alumnado

Informámosvos de que todas as solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2018/2019 foron aceptadas.

Moitas grazas a todas aquelas familias que se achegaron ao noso cole durante as xornadas de portas abertas para coñecer un pouquiño máis a nosa forma de traballar.

Visita de Ledicias Costas

O mércores viu ao cole Ledicia Costas para falar dos seus libros "Escarlatina, a cociñeira defunta" e "A señorita Bubble".

Adicounos os nosos exemplares e pasamos un moi bo rato con ela.

Grazas por vir, Ledicia!

Clicade na foto para acceder á galería de imaxes:

 

Visita ao concello

Onte 1º, 2º e 4º foron ao concello á presentación por parte do alcalde e a autora do libro "Jules Verne e o pesadelo de Xulia", no que se relata unha versión do capítulo da obra "20.000 leguas de viaxe submarina" que transcorre en Vigo.

Aproveitamos a ocasión para visitar o pleno do concello e a sala de control de tráfico.

Clicade aquí para acceder á galería de imaxes da sesión.

 

Aproveitamos para adxuntar a noticia na que sae a nosa foto nesta ligazón do Atlántico Diario.

Distribuir contido


by Dr. Radut