Skip to Content

O MECO MANDA!

A vindeira semana será a semana de entroido, por este motivo, dende hoxe o Capitán Nemo que é o noso Meco, vai a mandar unha orde cada día que deberemos realizar para o día seguinte.

O luns teremos que traer algún peiteado especial pois a norma que deu hoxe foi "se no mar queres presumir, un peiteado tes que lucir".

O martes teremos que traer as uñas pintadas pois... "se no mar queres brillar, as uñas tes que pintar"

O mércores teremos que ir en pixama ao cole pois... "Se no mar non te queres arrefriar, un pixama tes que levar"

O xoves na última orde do Meco temos que ir moi cargados... "Se no mar queres descansar, coxín, peluxe e manta tes que levar"

Os recreos máis divertidos!

Dende hai unhas semanas, e con motivo do entroido, temos no cole un montón de disfraces para o patio que sacamos durante o tempo de recreo.

Están a dar moito xogo! Mirade que ben o pasamos!

(Clicade na foto para acceder á galería de imaxes)

Xornadas de portas abertas

Un ano máis abrimos as nosas portas para que todas familias que queiran coñecer a nosa forma de traballar poidan facelo. Queres saber como e cando? Aquí tes toda a información!

Día da Paz

Hoxe, 30 de Xaneiro, no Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xuntámonos no ximnasio do cole para facer unha pequena conmemoración deste día tan importante.

Comezaron os nosos compañeiros de 6º realizando unha actuación con luz negra na que coas súas mans representaron pombas blancas; a continuación un grupo de 5º leunos un manifesto baseado na canción "No dudaría" de Antonio Flores, e finalmente xuntámonos todos das mans para cantar a canción "Lluvia de amor".

Aquí podedes ver o video da canción. E como di o noso lema...

"A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS!"

A Paz tamén está no comedor

No comedor tamén quixeron sumarse á celebración do día da Paz cunha pequena representación na que botaron a navegar uns barquiños feitos por eles con palabras relacionadas coa paz e o seu desexo de que non haxa máis inxustizas nin guerras no mundo.

Que bonito xesto!

Distribuir contido


by Dr. Radut