Skip to Content

Día Internacional do Cancro Infantil

O pasado 15 de febreiro foi o Día Internacional do Cancro Infantil.

Ese día, en colaboración coa asociación Bicos de Papel, tiñamos pensado facer un lazo dourado no patio para amosar o noso apoio aos nenos e nenas que padecen esta enfermidade pero o tempo non o permitiu, polo que soamente limos o manifiesto que tedes na radio do cole.

Por sorte, onte fixo bo tempo e puidemos facer o lazo. Aquí tedes o resultado, para o que contamos coa axuda da familia de Leire e Izan (de 5 e 3 anos respectivamente) que viñeron a facernos a foto.

Moitas grazas a todos os que participastes nesta bonita iniciativa!

PD:En breves colgaremos tamén o video que Bicos de Papel está preparando coas fotos de todos os coles que participamos.



blog | by Dr. Radut