Skip to Content

Despedida de 6º

Cheou o final de curso e con el a despedida dos nosos compañeiros e compañerias de 6º de primaria.

Durante o festival de fin de curso proxectamos este video recordando o paso polo colo do alumnado de 6º.

Como fumos medrando ao longo destes 9 anos!

Revista "FALAMOS" 2016/2017

Xa temos aquí a revista do cole deste curso!

Este ano ven cargadiña de países, culturas, tradicións...

Sen esquecer as nosas propias, claro, pois partindo de Carlos Casares e coa súa imaxinación, pasamos a seguir a Willy Fog polo mundo adiante.

Seica viaxamos moito durante estes meses que de seguro se vos pasaron voando.

Mirade, mirade!

Formalización de matrícula

Mañán martes ábrese o prazo para formalizar a matrícula do alumnado de novo ingreso no centro.

Podedes facelo dende o martes 20 ata o venres 30 deste mes na secretaría do colexio.

Agardámosvos.

Saída de fin de curso de primaria

O luns o alumnado de primaria tivo a oportunidade de ir ao Liceo Marítimo en Bouzas para realizar actividades de auga con kayak.

Pasárono en grande e algún sufriu algunha molladura imprevista :)

Con esto collemos forzas para afrontar o final do curso, que está a piques de rematar!

Celebración dos Maios e Letras Galegas

O pasado luns 22 de maio festexamos os Maios e Letras Galegas no cole cun recital de coplas que elaboramos entre todos os nenos e nenas de cada curso.

Pola súa parte, durante a conmemoración das Letras Galegas (adicadas este ano a Carlos Casares) o alumnado de infantil foi a ver a súa obra "A galiña azul" e o alumnado de primaria disfrutou da obra "As bombas do xeneral" da man de Tanxarina.

Xa podedes ver algunhas fotos das obras de Carlos Casares e o video das coplas dos Maios.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut