Pais/Nais

Obra de títeres "Lúa quere viaxar a... Marte!

Nunca esqueceremos este 21 de novembro. 

Hoxe foi un día moi especial por dúas razóns. Primeiro porque veu Celtia Figueiras a autora de Lúa quere viaxar a... Marte! e segundo porque acudiu ao noso cole e a desfrutar dos títeres, a clase de 1º de primaria do CEIP Praia Xardín. 

Nunca viramos tantos nenos e nenas no noso cole, pasámolo moi ben e ata a choiva nos deixou desfrutar un pouco do patio xuntos. 

APRENDEMOS ACTIVIDADES DA AGRICULTURA

É época de escrouchar o millo, e así o fixemos no noso cole. 

Adentrámonos no sector primario para aprender actividades que se levan a cabo na agricultura. Débese escrouchar o millo para gardalo no hórreo e que os animais teñan comida para todo o ano. 

Na nosa mesa multifunción escrouchamos o millo e tamén o debullamos para gardalo. Nós no cole non temos animais para que o coman, pero faremos actividades moi chulas con el. 

"O xardín de Vilagris"

Volvemos ao teatro, nesta ocasión para ver a obra o Xardín de Vilagris. Encantounos a obra porque ten un pouco de todo: unha historia fermosa, trasmite valores, música e colaboración do público.

MAGOSTO

 Como manda a tradición, entre o 1 e o 11 de novembro, xuntarémonos todos ao carón do lume para celebrar o magosto e pasalo ben. Se a tradición o manda, en Comoxo celebrámolo por todo o alto. 

Comezamos a mañá organizando as nosas castañas para despois asalas. A espera fíxosenos eterna, mais valeu a pena. Que ricas estaban!

TEATRO "NUBE,NUBE,SOL"

Hoxe por primeira vez fomos ao teatro. Ás 11:30, colleunos Lucía co seu autobús no cole e viaxamos ata a Cachada para ver a obra Nube, Nube, Sol. Unha obra que métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que choiva e o sol provoca na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música.

Botamos unhas risadas coa obra, que nos gustou moito, e disfrutamos da nosa viaxe en autobús. Pasámolo xenial todas xuntas. 

PREME NA IMAXE 

Comezamos o outono

Para celebrar a chegada do outono fixemos un mural moi especial, debuxamos e pintamos o tronco dunha árbore e despois cubrímola con follas secas que recollimos no noso patio. No cole traballamos os refráns e nas nosas casas, coa axuda das nosas familias, buscamos refráns relacionados co outono. Con estes refráns convertemos a nosa árbore nun caligrama. 

PREME NA IMAXE

Faladoiro

Parte fundamental do proceso de ensinanza aprendizaxe é a expresión, contar as nosas experiencias e historias. Para fomentar este apartado tan importante contamos na aula co noso faladoiro.

Nesta ocasión o noso faladoiro tratou sobre o noso peluche favorito. Trouxemos a clase o peluche que consideramos máis especial e contamos ás nosas compañeiras cousas sobre eles (quen nolo regalou, como se chama, como é e porque o consideramos tan especial).

 PREME NA IMAXE

Xogos de lóxica

Sempre adicamos un espazo no noso día a día ao xogo. Esta é a base da nosa aprendizaxe, potenciamos a imaxinación, a comprensión, a planificación e organización. 

Utilizamos diversos tipos de xogos e aquí vos deixamos unha mostra dos xogos de lóxica-matemática. Nestes días por parellas imos rotando por diversos xogos como: tangram, dominó de ideas ou os policubos. Unha maneira moi divertida de aprender e coa que potenciamos a dedución, o razoamento e a axilidade mental. 

PREME NA IMAXE 

Mesa multifunción

Temos unha nova adquisición no cole, a nosa mesa multifunción. Nesta ocasión utilizámola para traballar a motricidade e ao mesmo tempo as cores e as letras. Unha forma moi divertida de aprender. 

Cando nos chegou xa comezamos a traballar con ela, a pesares de que aínda non nos chegaran as patas, unhas semanas despois xa a temos completa. 

Nestes días estivemos collendo coas pinzas os obxectos que nos indicaban e clasificándoos, así como collendo as letras para formar os nosos nomes ou a palabra bolboreta. 

TERRORIFICAMENTE DIVERTIDO O SAMAÍN

Para celebrar o samaín comezamos a semana decorando a clase, pasamos a semana entre teas de araña, morcegos e pantasmas. Deixamos o cole que daba medo entrar!!

Das nosas casas trouxemos unhas cabazas, tamén chamadas calacús. Comezamos facendo o deseño dos ollos e a boca para despois vacialas e proceder a cortar. Un consello canto máis deformes sexan, máis terroríficas serán. 

O mércores elaboramos un taller de maquillaxe de samaín, foi un día que nos gustou moito. Así como a maquillaxe tocou a nosa pel comezamos a transformarnos.