Pais/Nais

Festividades

Semana de entroido

Esta semana do entroido comezou cos mandados do moco e rematámola cun gran desfile por Boiro. 

O luns tocou traer anteollos, habíaos de todas as formas e cores, con brilli brilli, unicornios ou máis clásicos; pero todas como manda o meco. 

O martes collimos todo o que atopamos pola casa para vir extravagantes, foi un día cheo de cor. 

O mércores toleamos, tocaba un peiteado tolo, e a bo fé que eran tolos. As mamás e papás traballaron moito para conseguir eses peitedos tan chulos. 

CHEGOU O NADAL

Chegamos ao 22 de decembro, día para festexar e pasalo ben. Rematamos o trimestre celebrando o Nadal, dende as 9:30 ata as 14:30 todo foron sorpresas e festexos. 

Comezamos coa visita do Apalpador, chegou ao noso cole cargado de instrumentos e alegría. Traía castañas, monicreques e moitos moitos instrumentos. O Apalpador é todo un artista con o ides crer pero ata fixo música cun serrucho. 

Agasallos de Nadal

Hoxe tivemos unha visita moi especial, Nesto o carteiro de Comoxo. Non é a primeira visita que nos fai, cando ten un momento pasa a entregarnos as cartas na man; nós encantadas de poder saudalo. Pero hoxe non había cartas, agasallounos cuns pasteis, zumes, unhas postais e selos. Fartamos a barrigola cos doces tan ricos e despois puxémonos mans a obra porque escribimos unha postal a alguén especial da nosa vida. 

O carteiro dixo que as viría a recoller nos próximos días, polo tanto había que escribilas, metelas no sobre, coa dirección e poñerlles o selo. 

CONTA ATRÁS PARA NADAL

Comeza decembro e con el os preparativos para Nadal, no cole xa comezamos o día 1 decorando a nosa árbore e comezando o calendario de advento, unha conta atrás para o nadal moi doce. 

PREME NA IMAXE.

MAGOSTO

 Como manda a tradición, entre o 1 e o 11 de novembro, xuntarémonos todos ao carón do lume para celebrar o magosto e pasalo ben. Se a tradición o manda, en Comoxo celebrámolo por todo o alto. 

Comezamos a mañá organizando as nosas castañas para despois asalas. A espera fíxosenos eterna, mais valeu a pena. Que ricas estaban!

TERRORIFICAMENTE DIVERTIDO O SAMAÍN

Para celebrar o samaín comezamos a semana decorando a clase, pasamos a semana entre teas de araña, morcegos e pantasmas. Deixamos o cole que daba medo entrar!!

Das nosas casas trouxemos unhas cabazas, tamén chamadas calacús. Comezamos facendo o deseño dos ollos e a boca para despois vacialas e proceder a cortar. Un consello canto máis deformes sexan, máis terroríficas serán. 

O mércores elaboramos un taller de maquillaxe de samaín, foi un día que nos gustou moito. Así como a maquillaxe tocou a nosa pel comezamos a transformarnos.