O venres tivemos no cole unha visita moi especial, os bombeiros de Boiro ensináronnos como é o seu traballo. Mostráronnos os vehículos, as ferramentas de traballo e contáronnos que urxencias atenden. Tamén fixemos un simulacro de como teños que sair en caso de incendio. Pero o que máis nos gustou foi subir ao camión, probar o casco que utilizan os bombeiro e poder botar auga coa mangueira como se estivéramos extinguindo un lume.
Hoxe foi un día de plantación. Comezamos a mañá cunha visita ao Pazo Goiáns, onde puidemos visitar a torre e fixemos un percorrido polos seus terreos. Puidemos ver árbores centenarias e unhas vistas espectaculares. Para rematar esta visita plantamos tres ameneiros que medrarán moi fortes.
Cando chegamos ao cole, para rematar o noso día de plantación, plantamos unhas petunias que farán do noso cole un lugar colorido e cun arrecendo estupendo.
Un día duro de traballo pero moi gratificante e pasándoo xenial.
PREME NA IMAXE
Este luns 16 de xaneiro fixemos a primeira saída fóra de Boiro. Fomos a Santiago de Compostela, alí vimos o musical Peter Pan. Foi un longo traxecto de camiño pero pasámolo moi ben, aínda que o día estaba moi gris; non parou de chover en toda a mañá.
Teremos que voltar outro día para coñecer un pouco maís de Compostela.
PREME NA IMAXE
MARCHAMOS A SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA VER O MUSICAL PETER PAN
Nunca esqueceremos este 21 de novembro.
Hoxe foi un día moi especial por dúas razóns. Primeiro porque veu Celtia Figueiras a autora de Lúa quere viaxar a... Marte! e segundo porque acudiu ao noso cole e a desfrutar dos títeres, a clase de 1º de primaria do CEIP Praia Xardín.
Nunca viramos tantos nenos e nenas no noso cole, pasámolo moi ben e ata a choiva nos deixou desfrutar un pouco do patio xuntos.
Volvemos ao teatro, nesta ocasión para ver a obra o Xardín de Vilagris. Encantounos a obra porque ten un pouco de todo: unha historia fermosa, trasmite valores, música e colaboración do público.
Hoxe por primeira vez fomos ao teatro. Ás 11:30, colleunos Lucía co seu autobús no cole e viaxamos ata a Cachada para ver a obra Nube, Nube, Sol. Unha obra que métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que choiva e o sol provoca na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música.
Botamos unhas risadas coa obra, que nos gustou moito, e disfrutamos da nosa viaxe en autobús. Pasámolo xenial todas xuntas.
PREME NA IMAXE
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |