Pais/Nais

Entrevista a Baia Fernández

Este trimestre chegou a nosa biblio o conto "Laia", de Baia Fernández de la Torre. Un conto cheo de aprendizaxes, de emocións, de vida e de respecto. 

EStes días Baia estivo no noso cole facendo con nós un obradoiro e non puidemos desaproveitar a ocasión. Fixémoslle unha entrevista para a nosa radio "Mulleriñas de Comoxo". Entre o noso traballo e a paixón que demostra Baia, temos como froito esta estupenda entrevista. 

PREME NA LIGAZÓN 

Sorrisos intelixentes

Nestes días levouse a cabo no centro o programa sorrisos intelixentes, onde nos explicaron a forma correcta de cepillar os dentes e os problemas que poden ter os nosos dentes se non os cepillamos ben. 

Para rematar esta proposta hoxe fomos a Cachada a ver unha obra de teatro. 

Mais non marchamos de alí sen antes visitar o parque uns minutiños. 

PREME NA IMAXE.

Cociñamos na casa do Pazo

O outro día convertímonos en chefs, preparamos receitas saudables e internacionais. As receitas do día foron: 

1. Tirabeques con gambas.

2. Croquetas de acelgas.

3. Berenxenas.

4. Okonomiyaki. 

Para elaborar este menú contamos coa axuda de Ana de Comoxo- Organics e de Yukari, unha amiga de Ana que é de Xapón; a cal nos ensinou esas receitas tan internacionais. 

Visita dos bombeiros

O venres tivemos no cole unha visita moi especial, os bombeiros de Boiro ensináronnos como é o seu traballo. Mostráronnos os vehículos, as ferramentas de traballo e contáronnos que urxencias atenden. Tamén fixemos un simulacro de como teños que sair en caso de incendio. Pero o que máis nos gustou foi subir ao camión, probar o casco que utilizan os bombeiro e poder botar auga coa mangueira como se estivéramos extinguindo un lume. 

Mulleriñas de Comoxo

Nesta nova entrega de Mulleriñas de Comoxo temos unha dobre entrevista nacional e internacional. Entrevistamos a Ana de Comoxo-Organics e a Ella a voluntaria de Francia  que visita Comoxo estes días. Dúas mulleres cheas de iniciativa e de amor pola natureza.

PREME NO ENLACE PARA ESCOITAR A ENTREVISTA

https://www.spreaker.com/episode/53823834

 

Horto escolar

Neste terceiro trimestre poñemos en marcha o noso horto escolar. 

Comezamos este proxecto das plantas sementando tomates, fabas, guisantes, cabazas e sandías. Desta forma podemos observar na aula como brotan as sementes e como medran ata poder trasplantalas no exterior. 

Nos seguintes días fixemos unha visita á Casa do Pazo, onde se atopa a plantación de Comoxo-Organics. Con Ana e Ella, unha voluntaria de Francia que  pasaba uns días en Comoxo, puidemos ver ese paraiso natural. 

Experimentamos " fluido non newtoniano"

No noso segundo experimento puidemos crear fluido non newtoniano. Investigamos sobre Newton e descubrimos que había un fluido que non cumpre a lei da viscosidade dos líquidos. Este fluido se o apretamos con forza parece un sólido e se o tocamos suavemente compórtase como un líquido. Todo un misterio, que sorprendentemente só precisamos 2 ingredientes para facelo, maicena e auga; pero se lle queres dar un pouco de color sempre lle podes botar unhas gotas de colorante. 

Preme na imaxe.

Día de plantación

Hoxe foi un día de plantación. Comezamos a mañá cunha visita ao Pazo Goiáns, onde puidemos visitar a torre e fixemos un percorrido polos seus terreos. Puidemos ver árbores centenarias e unhas vistas espectaculares. Para rematar esta visita plantamos tres ameneiros que medrarán moi fortes. 

Cando chegamos ao cole, para rematar o noso día de plantación, plantamos unhas petunias que farán do noso cole un lugar colorido e cun arrecendo estupendo. 

Un día duro de traballo pero moi gratificante e pasándoo xenial. 

PREME NA IMAXE

Programa de Radio Mulleriñas de Comoxo

No CEIP Pazos-Comoxo creamos un programa de radio que se chama Mulleriñas de Comoxo. Este primeiro programa quixémosllo adicar a Rosalía de Castro para celebrar así o seu día. 

Podedes escoitar a nosa primeira entrega deste programa pinchando no seguinte enlace. 

Experimentamos

Comezamos o noso apartado da ciencia cun experimento moi chulo.

Este experimento fixémolo en dúas partes.

Primeiro observamos a reacción que fai o bicarbonato de sodio e o vinagre. Reaccionou como se fora un volcán e para darlle un pouco de cor engadimos colorante. Nesta parte puidemos observar que esta mestura xeneraba un gas polo que decidimos facer unha segunda parte.

No seguinte día fixemos o mesmo experimento pero nunha botella a cal lle puxemos un globo e sorprendentemente ese gas foi capaz de inflar o globo. 

Preme na imaxe para saber como o fixemos.