Esta semana do entroido comezou cos mandados do moco e rematámola cun gran desfile por Boiro.
O luns tocou traer anteollos, habíaos de todas as formas e cores, con brilli brilli, unicornios ou máis clásicos; pero todas como manda o meco.
O martes collimos todo o que atopamos pola casa para vir extravagantes, foi un día cheo de cor.
O mércores toleamos, tocaba un peiteado tolo, e a bo fé que eran tolos. As mamás e papás traballaron moito para conseguir eses peitedos tan chulos.
Hoxe en educación física traballamos o alfabeto dunha forma diferente, co noso corpo. O máis complexo foi organizarnos para formar a letra, pero ao final conseguímolo e quedou xenial.
A ver se adiviñades que palabras formamos con estas letras. As letras están desordenadas para poñérvolo maís difícil e na última foto tedes a solución.
PREME NA IMAXE
Este luns 16 de xaneiro fixemos a primeira saída fóra de Boiro. Fomos a Santiago de Compostela, alí vimos o musical Peter Pan. Foi un longo traxecto de camiño pero pasámolo moi ben, aínda que o día estaba moi gris; non parou de chover en toda a mañá.
Teremos que voltar outro día para coñecer un pouco maís de Compostela.
PREME NA IMAXE
Chegamos ao 22 de decembro, día para festexar e pasalo ben. Rematamos o trimestre celebrando o Nadal, dende as 9:30 ata as 14:30 todo foron sorpresas e festexos.
Comezamos coa visita do Apalpador, chegou ao noso cole cargado de instrumentos e alegría. Traía castañas, monicreques e moitos moitos instrumentos. O Apalpador é todo un artista con o ides crer pero ata fixo música cun serrucho.
O artista Kimmy Cantrell, defensor da idea de que a beleza está nas imperfeccións, é o creador das máscaras cubistas nas que podemos apreciar facianas con rasgos case xeométricos. As súas obras son elaboradas sobre cerámica pero nós fixemos a nosa propia versión en cartón.
Non só traballamos a arte cubista senón tamén as partes da cara. O resultado unhas auténticas obras de arte.
PREME NA IMAXE.
Hoxe tivemos unha visita moi especial, Nesto o carteiro de Comoxo. Non é a primeira visita que nos fai, cando ten un momento pasa a entregarnos as cartas na man; nós encantadas de poder saudalo. Pero hoxe non había cartas, agasallounos cuns pasteis, zumes, unhas postais e selos. Fartamos a barrigola cos doces tan ricos e despois puxémonos mans a obra porque escribimos unha postal a alguén especial da nosa vida.
O carteiro dixo que as viría a recoller nos próximos días, polo tanto había que escribilas, metelas no sobre, coa dirección e poñerlles o selo.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |