Skip to Content

Mesa multifunción

Temos unha nova adquisición no cole, a nosa mesa multifunción. Nesta ocasión utilizámola para traballar a motricidade e ao mesmo tempo as cores e as letras. Unha forma moi divertida de aprender. 

Cando nos chegou xa comezamos a traballar con ela, a pesares de que aínda non nos chegaran as patas, unhas semanas despois xa a temos completa. 

Nestes días estivemos collendo coas pinzas os obxectos que nos indicaban e clasificándoos, así como collendo as letras para formar os nosos nomes ou a palabra bolboreta. 

Coa nosa mesa e co traballo cooperativo aprendemos a xestionar o grupo no que traballamos para completar a actividade. 

PARA VER COMO TRABALLAMOS PREME NA IMAXE. 



page | by Dr. Radut