Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Maio 11, 2015 »
LunMarMérXovVenSábDom
11
Start: 11/05/2015 10:00
End: 11/05/2015 12:00

A Concellaría de Educación, có obxectivo de fomentar a afección á lectura entre os nenos máis pequenos, propón este obradoiro "Recetario de Contos" para os alumnos e alumnas de educación infantil. 

O obxectivo didáctico deste proxecto busca promover a literatura infantil desde as idades máis temperás. A través dunha experiencia manipulativa e cercana, o alumnado poderá fomentar o gusto pola lectura, a curiosidade pola literatura e coñecer o uso das bibliotecas.

Os principais obxectivos serán:

  • Utilizar a lectura como medio de aprendizaxe e entretemento.
  • Fomentar o gusto polos contos e relatos.
  • Aprender a importancia da biblioteca e as súas normas.

 

12
Start: 12/05/2015 09:45
End: 12/05/2015 14:00

Mónica Argibay, mamá de Samuel, alumno de segundo de primaria, virá ao colexio para facer catro sesións de contacontos.

As sesións estarán destinadas aos nenos de infantil e de 1º e 2º de primaria.

Moitísimas grazas por adiantado Mónica pola túa colaboración.

Start: 12/05/2015 12:30
End: 12/05/2015 14:30

Tamén este día teremos unha charla destinada aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º. Tres deportistas do Teucro virán a explicarlles aos nenos como é unha das súas xornadas de entrenos e como se preparan para os partidos. Nos falarán en galego así que nos servirá para seguir practicando a lingua.

13
14
Start: 14/05/2015 12:30
End: 14/05/2015 13:30

O xoves estará con nós Inacio Vilariñó para contarnos unha das súas fabulosas fábulas sobre burros, onagros, pollinos,....

Pasarémolo xenial seguro.

Pinchade na imaxe para saber máis deste gran contacontos.

 

15
Start: 15/05/2015 09:30
End: 15/05/2015 14:00

O Galego, a nosa creación común. Este é o lema deste ano do Correlingua que terá lugar o día 15. Pasaremos o día en Pontevedra, na Ferrería, celebrando a festa do galego.

Si queredes coñecer o percorrido podedes pinchar na imaxe.

16
17
Distribuir contido


by Dr. Radut