Skip to Content

Curso 2017-2018

PLAN DE ADAPTACIÓN E ENTREVISTAS FAMILIA-TITORA

Estimadas familias do novo alumnado de 4ºEd.Infantil (3 anos):

A continuación adxuntamos o PLAN DE ADAPTACIÓN e as datas da ENTREVISTA FAMILIA-TITORA para o mes de setembro do 2017. Para acceder a toda a información, soamente tedes que pinchar na imaxe correspondente.

Tal e como comentaramos no mes de xuño, é preciso un período de adaptación dos nenos ó colexio, ó novo profesorado, ós horarios e ás rutinas. Como veredes, nos primeiros días accederán en pequeno grupo (fixádevos a que grupo pertence o voso fillo/a) e non deben traer merenda (pero sí botellín de auga). Dado que o horario de merenda de media mañá é de 11.30 a 12h, a partir do luns 18, MERENDAREMOS NA AULA (aínda que, nestes primeiros días, comezaremos un pouco antes). Así que, cada un/unha, debe traer algo para tomar na clase (aconsellamos que traian cousas que saibades que van comer ben neste periodo de tempo).

Asemade, adxutamos as datas na que se vos cita para unha primeira entrevista coa titora (a duración será de 15 minutos aprox.). Ese día tedes que vir co neno/a e pode vir a nai, o pai ou ambos. Como xa vos comentaramos, se non podedes acudir, agradeceríamos que nos escribades un e-mail (infantilcampano@gmail.com) e buscamos outra alternativa.

  

  
Distribuir contido


by Dr. Radut