Skip to Content

Curso 2018-2019

 

contrato-programa é unha iniciativa de innovación educativa desenvolvida desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para proporcionarlles aos centros de ensino públicos unha estratexia de mellora da calidade do ensino.

Os destinatarios son CEIP, CEP, CPI e IES públicos de Galicia.

Cada centro pode contribuír á mellora da calidade do ensino a través da solicitude dalgunha das 5 actuacións de que consta o contrato-programa:

1.Reforzo, orientación e apoio (PROA).

Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

2. Mellora das competencias clave.

Coa finalidade de priorizar as accións para a mellora da competencia matemática, o desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta competencia, podendo incluír tamén actuacións para a mellora da competencia en comunicación lingüística e/ou competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

3.Mellora da convivencia nos centros e da prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.

Incluirá todas aquelas accións que repercutan e interveñan na mellora do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa. Con esta actuación tamén se trata de reducir a taxa de abandono escolar e dos niveis de absentismo.

4.Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Esta actuación supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolverán iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado.

5. Mellora da calidade na xestión dos centros.

Trátase dun conxunto de medidas ou actividades destinadas a mellorar a xestión dos centros educativos.

Os destinatarios desta iniciativa son:

1. Programa de reforzo, orientación e apoio (PROA). 

Destinatarios

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria ou de toda a educación secundaria obrigatoria que presente dificultades e problemas de aprendizaxe, así como aquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural no que se desenvolve.

2. Mellora da competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, e mellora da competencia en comunicación lingüística

Destinatarios

Todo o alumnado das etapas de ensino obrigatorio (EP e ESO).

3. Mellora da convivencia nos centros, e da prevención do abandono temperán e do absentismo escolar. 

Destinatarios

Os centros educativos, particularmente os que impartan a etapa de educación secundaria con alumnado que presente alteracións do comportamento ou graves problemas de conduta e alumnado en risco de abandono temperán ou absentismo.

4. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Destinatarios

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria e de educación secundaria (ESO, BACH, FP) que presenta unha destacada capacidade e motivación para aprender.

5. Mellora da calidade na xestión dos centros.

Destinatarios

Os destinatarios son CEIP, CEP, CPI e IES públicos de Galicia.



paxina | by Dr. Radut