PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025
. Prazo de solicitudes |
do 1 ao 20 de marzo |
Documentación a entregar |
- Solicitude e anexo II-bis (disponibles tamén no centro)
- Fotocopia do DNI do neno/a e dos dous proxenitores ou do libro de familia.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio de ser o caso. No caso de solicitar praza nun curso distinto a 4º EI (3 anos): Certificación de matrícula e certificación académica |
Procedemento de entrega de solicitudes |
Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta (para esta última deberase contar con certificado dixital ou Chave 365). De facelo de xeito online haberá que e asinar o anexo II-bis de xeito manual e escanealo para poder adxuntalo á solicitude. Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha ÚNICA SOLICITUDE no centro que figure en primeiro lugar. IMPORTANTE: De presentar varias solicitudes de admisión en distintos centros, isto suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova. A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela. |
Documentación no caso de baremación |
Esta documentación só se deberá entregar no caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, polo que de ser preciso será o centro o que solicite ás familias a correspondente documentación para a a baremación. Os prazo para a entrega da citada documentación abrangerá os 10 días hábiles seguintes ao 21 de marzo. |
Datas de publicación das listaxes provisionais |
25 de abril Estas poderanse consultar no taboleiro de anuncios localizado no interior do centro de xeito presencial ou na aplicación web de admisión. |
Reclamacións |
5 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación das listaxes. |
Datas de publicación das listaxes definitivas |
15 de maio Estas poderanse consultar no taboleiro de anuncios localizado no interior do centro de xeito presencial ou na aplicación web de admisión. |
Formalización da matrícula |
Do 20 ao 30 de xuño |
*Poderase consultar a través da aplicación admisiónalumnadotoda esta información así como: O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula; a previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións; a relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa grabación; o estado de tramitación das solicitudes (utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante); a listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO
Decreto 13/2022 (DOG 11 de febreiro de 2022)
Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 novembro de 2022)
Orde do 26 de maio de 2023 (DOG 13 xuño de 2023)
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO
CENTRO ADSCRITO
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
- Plan Madruga e comedor escolar
- Transporte Escolar
Ruta 1: Ribeiro- Cabaleiro- C. de Arriba- Piñeiro- Moldes- Soutonovo- Bispo.
Ruta 2: Devesa-Sabarís.