INFORMACIÓN OBRAS: CORTES DE TRÁFICO
O próximo martes 27 está previsto o hormigonado do aparcamento do centro, polo que este permanecerá pechado entre o martes 27 e o luns 4.
Este traballo implica que ningún vehículo poida acceder ao aparcamento e cortes de tráfico.
Os autobuses pararán na estrada xeral, como indica o plano.
A ruta do autobús Devesa-Sabarís sairá sobre as 14:20-14:25 do centro, polo que chegará antes ás dúas paradas.
A ruta do autobús Campañó de Arriba sairá sobre as 14:30 do centro, polo que é posible que chegue un pouco antes ás paradas.
A entrada e saída do alumnado serán flexibles.
ENTRADA:
-
De 9:10 a 9:30 o alumnado poderá acceder diretamente ás aulas. A recollida por parte do profesorado será na cancilla pequena de acceso ao comedor ou na rampa nova (zona de obras).
-
De 9:30 a 9:45 haberá unha segunda quenda de acceso ao centro. O alumnado entrará pola porta principal do centro.
SAÍDA:
-
De 14:00 a 14:15, sempre con aviso previo por escrito ao titor/a antes das 9 da mañá do día afectado. A recollida será na porta principal do centro.
- O alumnado que non utilice o horario anterior, será recollido no horario habitual.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INFORMACIÓN PÁXINA WEB CORTE TRÁFICO OBRAS.pdf | 1.8 MB |