Skip to Content

Reserva de praza para o IES (alumnado de 6º)

Reserva de praza no IES (só para 6º curso de Ed.Primaria)

Data de publicación de listaxe de alumnado con posto reservado: 22 de febreiro 

De conformidade co establecido no Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Dende hoxe 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro queda aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2024/25 no IES XUNQUEIRA I ao que está adscrito o noso centro.

 

Existen dúas vías para facelo:

  1. A través da SEDE electrónica na aplicación AdmisiónAlumnado. Para poder facelo así é preciso contar con certificado dixital ou a chave 365. (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.)

    1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

      Seleccionando a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear. Despois de cubrir a información que se solicite, haberá que premer no botón “Crear e Confirmar”. Finalmente e despois de descargala e asinala, poderase presentar manualmente no centro.

    2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

      Para poder facelo así é preciso contar con certificado dixital ou a chave 365.

      Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS E CONSENTIMENTO DA OUTRA PERSOA PROXENITORA, TITORA OU ACOLLEDORA, última páxina da solicitude que se pode visualizar e descargar na mesma aplicación).

  2. A través do propio centro. Estará o impreso á vosa disposición na secretaría do centro. (Impreso de reserva en galego) (Impreso de reserva en castelán)

 

 

 
 
AdxuntoTamaño
ANEXO SOLICITUD RESERVA DE PLAZA INSTITUTO.pdf1.34 MB
ANEXO SOLICITUDE RESERVA DE PRAZA INSTITUTO.pdf1.23 MB


paxina | by Dr. Radut