Skip to Content

Recetario de Contos

11/05/2015 10:00
11/05/2015 12:00
Europe/Madrid

A Concellaría de Educación, có obxectivo de fomentar a afección á lectura entre os nenos máis pequenos, propón este obradoiro "Recetario de Contos" para os alumnos e alumnas de educación infantil. 

O obxectivo didáctico deste proxecto busca promover a literatura infantil desde as idades máis temperás. A través dunha experiencia manipulativa e cercana, o alumnado poderá fomentar o gusto pola lectura, a curiosidade pola literatura e coñecer o uso das bibliotecas.

Os principais obxectivos serán:

  • Utilizar a lectura como medio de aprendizaxe e entretemento.
  • Fomentar o gusto polos contos e relatos.
  • Aprender a importancia da biblioteca e as súas normas.

 



event | by Dr. Radut