Eventos
Novo paso en Ponteciencia. Os alumnos de 5º continúan con este gran proxecto sen desfallecer.
Este martes os alumnos de 5º curso volven a visitar as Xunqueiras para seguir investigando sobre a flora e a fauna do lugar.
Continuamos co obradoiro sobre a boa alimentación. Neste caso volverán a visitarnos, xa por última vez, para seguir mostrándonos os beneficios de incluir o peixe na nosa dieta.
Estará dirixido aos alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º e 6º de primaria.
Xa que a semana pasada, polo mal tempo, non puidemos visitar a granxa para coñecer máis sober o proceso de fabricación da la, este venres, si o tempo o permite, sí que o faremos.
Pinchade aquí para saber máis.
A Concellaría de Educación, có obxectivo de fomentar a afección á lectura entre os nenos máis pequenos, propón este obradoiro "Recetario de Contos" para os alumnos e alumnas de educación infantil.
O obxectivo didáctico deste proxecto busca promover a literatura infantil desde as idades máis temperás. A través dunha experiencia manipulativa e cercana, o alumnado poderá fomentar o gusto pola lectura, a curiosidade pola literatura e coñecer o uso das bibliotecas.
Os principais obxectivos serán:
- Utilizar a lectura como medio de aprendizaxe e entretemento.
- Fomentar o gusto polos contos e relatos.
- Aprender a importancia da biblioteca e as súas normas.
Mónica Argibay, mamá de Samuel, alumno de segundo de primaria, virá ao colexio para facer catro sesións de contacontos.
As sesións estarán destinadas aos nenos de infantil e de 1º e 2º de primaria.
Moitísimas grazas por adiantado Mónica pola túa colaboración.
Hoxe, para amenizar o plan lector, a mamá de Diego nos agasallará cun conto especialmente pensado para os máis pequechos.
Moitas grazas
O martes teremos a sorte de poder ver en acción a Leopoldo. Trátase dun libro viaxeiro que nos contará sorprendentes historias.