Eventos
Dentro do proxecto que estamos a levar a cabo no centro fomentando o consumo do pescado e da froita, englobamos esta saída educativa na que visitaremos a Lonxa de Vigoe o Museo do Mar.
Tamén participaremos nunha degustacion de productos do mar e logo teremos distintos xogos didácticos nos que os nenos traballarán a boa alimentación.
Todas estas actividades son gratuitas. A volta será pola tarde a eso das 17:30
Nesta saída participarán os alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º e 6º de primaria. O horario será o seguinte:
- Saída do colexio: 9:45
- Visita á Lonxa: 10:30
- Visita ao Museo do Mar: 12:00
- Comida: 14:00
- Xogos didácticos: 16:00
- Volta: 17:00
- Chegada ao colexio: 17:30
Xa que a semana pasada non puidemos contar coa visita do diario de Pontevedra, este martes si que virán para facer unha reportaxe de como traballamos no noso colexio.
A profe María falaralles do traballo en infantil co Ábaco
A profe Eugenia fará unha desmostración da técnica do folio xiratorio.
O profe Xurxo ensinaralles como os alumnos investigan na aula cos Ipad
E o profe Moncho falaralles do traballo que se elaborou para Ponteciencia.
Agardámosvos.
Saída educativa destinada aos alumnos de 3º, 4º, 5º, e 6º na que visitarán a aldea do Salgueiral. Esta saída pretende mostrarlle aos nenos o proceso tradicional de obtención e tratamento da lá.
A participación no proceso artesanal da lá pretende achegar aos escolares a unha parte da nosa historia, realizando de xeito tradicional o custoso proceso de transformación da la de ovella en prendas de primeira necesidade como a roupa. Traballos como o da la conforman unha actividade tradicional da sociedade galega que, ademais, constituíu unha das bases da economía doméstica e do sustento familiar nun pasado que non queda moi lonxe.
A proposta encamíñase a revivir dun xeito lúdico este proceso. Viviremos a hospitalidade dos veciños/as do Salgueiral, que nos acompañarán e explicarán de primeira man unha tradición como a da la. Veremos como esa actividade forma parte das súas raíces, xa que a practicaban os seus antepasados, e contarannos como os axudou a subsistir xeración tras xeración ata hoxe en día. Reflexionaremos, igualmente, sobre a necesidade de conservar esas tradicións e coñecementos populares.
Pinchade na imaxe para máis información
Os alumnos de Educación Infantil e de 1º de Primaria visitarán o teatro para ver unha obra de gran éxito: A nena e o grilo
"No ano 2010 A nena e o grilo iniciou a viaxe na que descubrimos, disfrutamos e aprendimos as súas cancións, o seu xeito de mirar o mundo, o seu cri, cri, cri....as apertas, e moito máis...
Durante estes anos seguiron viaxando, vendo e creando novas cancións, soños e ilusións que chegan con moitas ganas de compartilas con vós."
Máis información pinchando na imaxe
Novo paso en Ponteciencia. Os alumnos de 5º continúan con este gran proxecto sen desfallecer.
Este martes os alumnos de 5º curso volven a visitar as Xunqueiras para seguir investigando sobre a flora e a fauna do lugar.
Continuamos co obradoiro sobre a boa alimentación. Neste caso volverán a visitarnos, xa por última vez, para seguir mostrándonos os beneficios de incluir o peixe na nosa dieta.
Estará dirixido aos alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º e 6º de primaria.
Xa que a semana pasada, polo mal tempo, non puidemos visitar a granxa para coñecer máis sober o proceso de fabricación da la, este venres, si o tempo o permite, sí que o faremos.
Pinchade aquí para saber máis.
A Concellaría de Educación, có obxectivo de fomentar a afección á lectura entre os nenos máis pequenos, propón este obradoiro "Recetario de Contos" para os alumnos e alumnas de educación infantil.
O obxectivo didáctico deste proxecto busca promover a literatura infantil desde as idades máis temperás. A través dunha experiencia manipulativa e cercana, o alumnado poderá fomentar o gusto pola lectura, a curiosidade pola literatura e coñecer o uso das bibliotecas.
Os principais obxectivos serán:
- Utilizar a lectura como medio de aprendizaxe e entretemento.
- Fomentar o gusto polos contos e relatos.
- Aprender a importancia da biblioteca e as súas normas.
Mónica Argibay, mamá de Samuel, alumno de segundo de primaria, virá ao colexio para facer catro sesións de contacontos.
As sesións estarán destinadas aos nenos de infantil e de 1º e 2º de primaria.
Moitísimas grazas por adiantado Mónica pola túa colaboración.