Curso 2020/2021
Axudas municipais de libros, material escolar e comedor do Concello de Vigo Curso 20-21
Enviado por admin o Lun, 01/06/2020 - 04:14Acaban de ser anunciadas as bases reguladoras para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria do Concello de Vigo – Curso 2020-2021.
Estas axudas serán solicitadas a través do Concello, o centro educativo non ten potestade para xestionar as solicitudes. Para mais información chamar ao 010
Por favor, non confundir estas axudas co Fondo de Libros e Material Escolar publicado pola Xunta de Galicia e que si se xestiona a través do centro.
Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Mar, 19/05/2020 - 07:06Aínda quedan familias pendentes de presentar a solicitude, por favor non o deixedes para o último día, canto antes mellor.
ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21
Prazo para presentar solicitudes (Anexo I e Anexo II)
- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).
- O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.
-
O alumnado de 6º de Primaria que vai ao instituto deberá poñerse en contacto co Instituto de destino para a presentación da solicitude.
Documentación que acompañará á solicitude
Recomendase a presentación a través da sede electrónica, de ser preciso presentala no centro traerase sempre que sexa posible cuberta e firmada (prestade atención no anexo II xa que se solicitan todas as firmas dos membros da unidade familiar), e se solicitará cita para acudir ao centro para a súa presentación a través do teléfono 886120268 ou correo electrónico ceip.osello@edu.xunta.es. Non se atenderá a ninguén que non solicitara cita previamente.
Reanudación do proceso de Admisión de Alumnado curso 2020-2021
Enviado por admin o Mér, 06/05/2020 - 03:29Tal e como establece o DOGA do 6 de maio de 2020 a través da RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, o proceso de admisión de alumnado reanudarase tendo en conta as seguintes directrices:
Procedemento Admisión Alumnado 2020-2021
Enviado por admin o Ven, 28/02/2020 - 08:52Segundo a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos ponse en coñecemento das familias a seguinte información:
- Postos escolares ofertados para o curso 20/21 (Ver anexo)
- O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 23 de marzo.
- Listaxe provisional de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
- Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
- O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Xornadas de Portas Abertas
Enviado por admin o Ven, 07/02/2020 - 05:51- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4