Curso 2020/2021
Criterios e procedemento de distribución de máscaras
Enviado por admin o Lun, 16/11/2020 - 05:34Está destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria e se terá en conta o seguinte:
- NON ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no presente curso 2020-2021.
- SÍ ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra os seguintes requisitos:
- Renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (exercicio fiscal 2018)
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 27 de novembro de 2020 (só para o alumnado NON beneficiario da axuda de material escolar)
Unha vez rematado o prazo farase pública a listaxe provisional e a definitiva tal e como establece a orde, e procederemos ao reparto das máscaras entre o alumnado beneficiario.
Calendario Escolar 20-21
Enviado por admin o Mér, 07/10/2020 - 04:05Xa está a vosa disposición o Calendario Escolar do curso 20-21, premede no enlace para acceder.
Horarios Autobús
Enviado por admin o Xov, 10/09/2020 - 04:04Benqueridas familias:
A Ruta de Martínez Garrido a partires do 28 de setembro (luns) iniciará o seu percorrido as 8:50.
Informamos dos horarios de saída das rutas do autobús co obxectivo de estar nas paradas o mais puntuais posibles.
Ruta Meixueiro: inicio 8:30
Ruta Martínez Garrido: inicio 8:50
Saída despois do comedor: 15:40
Menús do Comedor 20-21
Enviado por admin o Xov, 10/09/2020 - 03:56Incorporación gradual do alumnado ao curso escolar 2020-2021
Enviado por admin o Dom, 06/09/2020 - 03:26
Benqueridas familias,
Atendendo ás últimas indicacións facilitadas pola Consellería de Educación*, informámosvos de que o comezo das clases farase de xeito escalonado:
XOVES, día 10 de setembro: asistirá ao centro o alumnado de Educación Infantil (3 e 4 anos) e o alumnado dos curso de 1º e 3º de Educación Primaria.
O VENRES, día 11 de setembro: unirase aos anteriores os grupos de Educación Infantil (5 anos) e o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Lembramos que é IMPORTANTE non facer aglomeracións nos momentos de entrada e saída do recinto escolar. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
*Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020-2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.