Curso 2020/2021
Benvido Setembro
Enviado por admin o Xov, 03/09/2020 - 09:58Dende o CEIP O Sello queremos informar a todas as nosas familias que estamos traballando para garantir as máximas medidas de seguridade para a toda a comunidade educativa.
En breve recibiredes unha chamada das titoras dos vosos fillos para informarvos.
Lembrade que tamén estamos á vosa disposición a través do teléfono 886120268.
Moitas grazas pola vosa paciencia estes días, somos conscientes de que tedes moitas dúbidas!
Listaxe definitiva Fondo Solidario Libros de Texto 2020-2021
Enviado por admin o Ven, 03/07/2020 - 06:51Tal e como establece a ORDE do 12 de maio de 2020, a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto está á vosa disposición no taboleiro de anuncios do centro.
Tamén podedes solicitar información vía email ou teléfono do centro.
A continuación tedes o enlace para acceder á listaxe de libros para o vindeiro curso, co obxectivo de que merquedes todos aqueles que non se adxudicaran no fondo de libros
Listaxe libros de texto curso 2020-2021
Os vales de material serán entregados en setembro, así como a listaxe de material para o curso 2020-2021
Listaxe provisional Fondo Solidario Libros de Texto
Enviado por admin o Xov, 02/07/2020 - 07:08Tal e como establece a ORDE do 12 de maio de 2020, o documento no que se fai pública a listaxe provisional do Fondo Solidario Libros de Texto estará á vosa disposición no taboleiro de anuncios do centro.
Formalización matrícula curso 2020-2021
Enviado por admin o Lun, 29/06/2020 - 04:54O prazo para a formalización de matrícula para o curso 2020-2021 abrangue do 1 ao 10 de xullo de 2020 e todo o alumnado do centro ten que cubrir e presentar os impresos que a continuación se anexan:
- Anexo III (editable)
- Autorización imaxe e saídas do alumno
Prego vaiades firmando e enviando vía email (ceip.osello@edu.xunta.gal) a documentación perfectamente cuberta e asinada polos dous proxenitores (de ser posible) con data 1 de xullo de 2020. Se algunha familia precisa entregalo no centro non se precisa cita previa.
Prestade moita atención nos apartados de:
- Comedor
- Transporte
- Relixión ou Atención educativa (marcar un dos dous)
Libros de Texto 2020-2021
Enviado por admin o Lun, 22/06/2020 - 06:31Xa están dispoñibles os Libros de texto para o curso 2020-2021.
Preme en cada curso para acceder ao documento:
Infantil
Primaria