Comedor escolar
MENÚS ESCOLARES 2022-2023
Nesta sección iremos publicando os menús mensuais. Recordade as indicacións que se vos ofreceron nas distintas reunións informativas ao respecto da organización do menús durante este curso escolar.
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2020/2021
Seguindo as Instrucións enviadas pola Consellería, os usuarios de comedor poderán dispoñer deste servizo previa presentación do Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións relativas á renda do 2019 no centro.
Tede en conta que:
- Dispoñedes ata o martes 8 de setembro para entregalo.
- Se o alumnado non conta con esta folla non poderá facer uso do servizo.
Se queredes facer un simulacro de taxas para o pago do comedor poderás facelo premendo na imaxe.
Preme encima
AUTOLIQUIDACIÓN
Seguindo as Instrucións enviadas pola Consellería os usuarios de comedor poderán dispoñer deste servizo previa presentación do Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións relativas á renda do 2018 no centro.
A XANTAR!
O CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei conta, desde a súa posta en funcionamento, con servizo de comedor escolar para todos os nenos e nenas matriculados no centro que desexen utilizalo. Da administración encárgase o CEIP Nosa Señora das Dores, sendo responsabilidade da Consellería de Educación orzamentar tal servizo. Este servizo é usado tamén polos alumnos e alumnas do IES Chano Piñeiro de Forcarei, nunha primeira quenda.
O servizo de cociña está cuberto por unha oficial 2ª de cociña e dúas auxiliares. Os nenos e nenas, usuarios do comedor, son coidados polos colaboradores de comedor que se encargan de manter a orde no comedor, fomentar bos hábitos alimentarios e boa actitude na hora do xantar, ...
Un curso máis procuraremos que os nenos e nenas teñan uns menús equilibrados nos seus xantares. E tamén trataremos que acaden normas de conduta e un saber estar no comedor escolar.