Skip to main content

PATRIMONIO

PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Fotografía recollida no libro de Willy, André López Díaz.

 

É ben seguro que sendo Cedeira unha vila onde a música é parte da nosa vida cotiá,

conservará moitos bens materiais e inmateriais referidos ao mundo do canto, o baile,

as festas... Algúns deles aparecen xa recompilados en traballos feitos por autores

cedeireses como poden ser os libros de José Antonio Suárez Aneiros.

 

 

A Biblioteca Escolar “Carlos Labraña” do CEIP Nicolás del Río e o Concello de Cedeira,

conscientes de que a memoria gráfica dunha comunidade forma unha parte do seu

Patrimonio cultural, solicitamos a vosa colaboración para artellar

unha exposición de fotografías para o recordo.

 

 

Non faremos mal ao supoñer que os máis de nós teremos algunha instantánea,

algún retrato, algunha imaxe nas nosas familias que reflicta calquera dos rexistros

da vida cotiá da Cedeira musical anteriores ao ano 1960. Esas son as fotografías

que agardamos enviedes á escola co fin de poder armar este labor.

 

 

Así pois dende a biblioteca, convidamos a todas as familias a enrolarse neste

proxecto musical, unha mostra fotográfica na que se miren os esforzos dos nosos devanceiros.

 

Poden deixar as súas fotografías na secretaria do CEIP Nicolás del Río.

Serán escaneadas e devoltas á maior brevidade. Tamén existe a posibilidade

de que mandedes vos a fotografía ao seguinte correo:

biblio.nicolas.del.rio@gmail.compoñendo de título: MÚSICA MAESTRO.

 

PRAZO PARA TRAER AS FOTOGRAFÍAS: ATA O 10 DE MAIO

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE CALCETA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Carmen, Basma, Candela e Sabela, alumnas de sexto,

levan varios días impartindo un obradoiro de calceta.

 

 

 

Motricidade fina, coordinación, orientación espacial, lateralidade...

habilidades todas necesarias para a lectoescritura.

Realizan unha peza artesá, pero é moito máis que iso o beneficio que están ofrecendo.

Gracias rapazada por ofertar calidade, patrimonio e tradición.

 

 

 

 

 

 

ROTEIRO: MURALLAS DE CEDEIRA - XEOGRAFÍAS LECTORAS #bescolaresgalabertas

O alumnado de 1º C (Os Vagalumes) comezan os seus roteiros pola vila,

dentro do seu proxecto polo patrimonio. Cun obxectivo moi importante: ver, coñecer e valorar a nosa vila.

Este primeiro roteiro foi adicado ás murallas de Cedeira.

 

Deixan constancia da súa saída cun pequeno libro de comprobación.

DOCUMENTACIÓN:

Saída, documentación de Rafael Usero e colocación de placas nas portas das murallas (hoxe alumnado que cursa 6º de Educ. Primaria).

 

 

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS DE REFUGALLO

O ALUNADO DE 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DA MAN DO SEU MESTRE DE MÚSICA,

ALEJANDRO MIGUÉLEZ, DESEÑARON UNHA EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS DE REFUGALLO.

A INTENCIÓN ERA IMPLICAR A RAPAZADA E AS FAMILIAS NA REALIZACIÓN DUN INSTRUMENTO

MUSICAL QUE SOARA E NO QUE OS SEUS MATERIAIS TIVESEN UN SEGUNDO USO.

 

ESTA ACTIVIDADE ENMÁRCASE DENTRO DO PROXECTO "CONTRA O CAMBIO... EU CAMBIO. E TI?"

CONVIDAMOS A TODA A VILA A GOZAR DESTA EXPOSICIÓN, ALOXADA NA NOVA SALA DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

PODEN ACUDIR TÓDOLOS DÍAS EN HORARIO DE 16:00 A 18:00 HORAS, SALVO O MARTES.

ESTAMOS DE PARABÉNS!!

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA ESTAMOS MOI FELICES! "PEGADAS NA IAUGA" PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE, RESULTOU PREMIADO NO VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS DA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES. ESTA AVENTURA QUE SOÑAMOS HOXE AGROMA, DESPOIS DE RECIBIR MIMOS E COIDADOS DO ALUMNADO PARTICIPANTE, DAS AVOAS, ATURUXEIRAS, FAMILIAS EN XERAL, DIVERSOS AXENTES SOCIAIS E DAS MESTRAS. QUEREMOS AGRADECER A TODOS E TODAS OS QUE PUXERON UN POUQUIÑO DE ILUSIÓN EN QUE ISO FÓRA POSIBLE. COMO SEMENTE QUE PLANTAMOS ESTE ANO ESTÁ MEDRANDO, ESTE ALUMNADO TEN MOITO MÁIS QUE OFRECER, ATENTOS!

PROXECTO "PEGADAS NA IAUGA" PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE

NOTICIA NA VOZ DE GALICIA

  

 

XEOLOXÍA E LENDAS!

CONTINUANDO CO PROXECTO INTERCENTROS O ALUMNADO DO IES PUNTA CANDIEIRA, OS VAGALUMES E TODO O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA,REALIZARON UNHA SAÍDA DIDÁCTICA PARA PROFUNDIZAR NO COÑECEMENTO XEOLÓXICO DA CAPELADA. ALÍ PUIDERON APRECIAR AS FORMACIÓNS XEOLÓXICAS DO PALEOZOICO, DA MAN DO XEÓLOGO FRANCISCO CANOSA. ASÍ MESMO REALIZARON UN OBRADOIRO DE FIGURIÑAS DE PAN (SANANDRESIÑOS) E LENDAS CON JORGE BELLÓN EN SAN ANDRÉS DE TEIXIDO.






Podedes ver máis fotos na publicación do IES (Pincha)

Distribuir contido