Título | Resumo |
---|---|
MARES DE CEDEIRA MUSEO #PDI #MesDaCienciaEnGalego #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Máis de cincuenta pequenas e pequenos inundaron Mares de Cedeira Museo, o venres 17, con ollos curiosos e cheos de preguntas.
Alí puideron gozar de dúas visitas:
1º-. Unha exposición artística a cargo de Francisco Pérez Alonso, pintor zamorano. Na que a rapazada tivo o pracer de escoitar ao autor explicando as súas obras de artes: - diversos instrumentos musicais tocados e acompañados cos seus cantos. - pinturas cinéticas de edificios emblemáticos de Ferrol, nos que a obras adquiren movemento e que cada unha ten unhas centro cincuenta horas de traballo. - e figuras con moito contido talladas en madeira.
2º-. E por suposto, o noso museo do mar, cheo de barcos onde explorar o oficio do carpinteiro de ribeira, ver o paso do tempo a través das fábricas conserveiras, ollar anzós e artes de pesca, unha inmensa exposición de cunchas, crustáceos e rematar cunha historia de viaxes en botella.
Recomendamos a visita e se ides, escoitade a historia!
|
REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURAS #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O trasno da capital de Santiago, de Luisa Villar Liébana, un dos exemplares que están a ler no club de lectura "Chocolate con libros".
|
COMEZAMOS CON NOVIDADES EN FONDOS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasa pola biblioteca a escoller a túa lectura! Hai un libro esperando por ti!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - SEXTO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN DE USUARIOS ALUMNADO #CDU #PLAMBE #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
Rematamos nestes días a formación de usuarios para o alumnado de 5 anos a 6º de primaria, reparando en cousas importantes dentro da biblioteca, a CDU e a axuda que nos presta para atopar ou colocar un libro, que tipos
de fondos atopamos en cada sala, que outros recursos alberga a nosa biblioteca Lía, como podemos gozar deses recursos, cales son as normas
que permiten que a convivencia na biblioteca sexa diversa, pacífica, fluida e na que todas e todos nos sintamos cómodos e respectados.
|
BENVIDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado dos Club de Lecturas "Chocolate con libros" despide este curso cunha última sesión, moi doce e veraniega, praia, lectura e xeado de chocolate! Umm, que rico!
|
HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A hora de ler é unha actividade imprescindible, dinámica e diversa, pode desenvolverse en múltiples espazos, con diversidade de textos, a calquera idade, pode ser individual, compartida... O importante é brindarlles unha boa selección e que sexa comprendida polo lector ou que teña outra persoa que lle tenda unha ponte para interpretala.
|
LECTURAS COMPARTIDAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas |
As veces só necesitamos tempo, darlles tempo. Catro grupos cooperativos de segundo prepararon o conto "Corre, corre cabaciña". A idea era lelo en grupo, organizarse e preparalo nas horas de ler que necesitaran. A mestra daría indicacións se o pedían e escoitaría a dramatización sempre que eles o solicitasen. Cada un foi organizando, tiveron conflictos, por suposto, uns botaron máis días resolvéndoos que outros, natural, cada quen xestiona as emocións como sabe, pode ou o contorno llelo permite. A mestra intercedía para solventalas cando o pedían ou notaba que era necesario encauzalos. Pero a meirande parte do tempo, a pasaban lendo e cada vez, aparecía máis dramatización: voces, acenos... e mil ideas para engalanar a lectura. Estaban lendo para ser escoitados e iso non ten prezo, é o culmen, o desexado. Aprender a ler con sentido, porque importa o que contamos. Podedes ver as caras de felicidade, tanto dos que len, como dos que escoitan.
Tamén un anaco dunha das lecturas que resume nuns segundos ata onde poden chegar dándolles tempo e certa liberdade. Parabéns rapazada! Ao rematar, ensínanlles o obxecto que acompaña ao conto, unha casa de cabaza con boneco e camiña incluída, todo en tecidos naturais da artesá Carmen Lorenzo. Por suposto, para xogar!
|
O APALPADOR #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Para comezar o mes do Nadal recibimos a visita do Apalpador. Baixou a serras do Courel e achegouse ata Cedeira para apalpar algunhas barriguiñas. Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - O COCHERITO LERÉ #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Empezan a chegar as cancións da infancia das familias. Aquí temos a Leire e Sofía de 2º A ensinándonos a súa canción.
|
LETRAS GALEGAS - LUISA VILLALTA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2024 #luisavillalta |
Documentándonos e recreándonos con cousas tan fermosas coma esta. CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DE AELG UNHA DUCIA DE PALABRAS NO COMEZO DO SEU ANO DAS LETRAS
|
ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 3 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal |
Gustaríanos trasladar ás famlias a preocupación de algúns mestres/mestras e familias, que dende hai un tempo vimos observando o acceso dos menores a contidos non aptos para a súa idade. Conscientes de que a educación afectivo sexual é un tema delicado, que moitas veces nin mestres nin familias sabemos como abordar, gustaríanos valorar a posibilidade de que unha persoa experta no tema nos dera algunhas orientacións. Necesitamos unha estimación das familias interesadas en participar nesta formación.
O Concello, a través da Concellería de igualdade, ofrécenos a posibilidade dunhas sesións de charlas/obradoiros para o alumnado, por parte de persoal cualificado e cunha ampla experiencia con menores de tódalas idades, pero consideramos que serían moito máis produtivas se previamente as familias e mestres/as partíramos do coñecemento da situación actual e tivéramos unhas pautas de actuación.
Por este motivo gustaríanos que as familias do alumnado da escola se poñan en contacto connosco para coñecer unha estimación das persoas ás que lles gustaría asistir a esa formación, así como aquelas que están preocupadas polo tema aínda que non asistirían á mesma.
Para o traslado da información, pasado o Entroido, enviaremos un papel ao alumnado cunha parte recortable, para cubrir ou dende a Asociación de Nais e Pais, Anpa "Picapeixe" á que tamén podedes trasladarlle as vosas respostas. É moi importante a vosa participación e implicación. Así mesmo, continuaremos difundindo recursos para informar e documentar ás familias.
|
RECREOS CO VOLUNTARIADO ESCOLAR #VoluntariadonabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os recreos son diversos e a isto contribúe o noso voluntariado escolar. Gracias pola vosa colaboración!
|
LEGO WEDO #PolosCreativos #Ciencia #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Gozando das posibilidades e recursos no mes das ciencias con Lego Wedo.
|
EXPOSICIÓN FONDOS SAMAÍN #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasádevos pola biblioteca ollar libros de medo, de outono, bibliografía sobre o Samaín... Recordade que temos dous escritores versados neste tema: Rafael López Loureiro e Carlos Labraña.
Podedes comezar pola exposición e seguir polas estanterías, ante calquera dúbida preguntade aos voluntarios e ao profesorado.
Boo Samaín!
|
NOVIDADES EN BANDA DESEÑADA - CÓMIC #UnhaBEenViñetas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ASEMBLEAS DA INFANCIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despois da primeira reunión de delegadas e delegados das aulas, volvemos a reunirnos para debatir os resultados da primeira reunión. Todo o alumnado está representado e tamén tódolos equipos da escola.
CONVOCATORIA
|
BIBLIOTECA HUMANA - MEY LIN APAC RIVERA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O pasado 28 de maio celebramos unha xornada da Biblioteca Humana con Mey Lin Apac Rivera, co seu libro "Caminos para reconocer tu título universitario". Atracou na nosa biblioteca da man da súa autora.
Historia que perdurará en audio, no noso catálogo Meiga, para escoitar sempre que se desexe. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes. Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo. Hoxe podemos compartir o seu libro con todos vos! Agasallando verbas!
|
PREPARANDO LECTURAS COMPARTIDAS #EnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ler con sentido, para agradar, para facer rir ou chorar, para que che escoiten... Preparando historias para contar.
|
LER E DRAMATIZAR #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
En ocasións, tan só chega con ser un bo observador ou observadora. Un día de choiva, tempo de lecer, unha rapaza colle un libro para ler en voz alta, outros/as xogan a representar o que se escoita. Elas xogan, pero a realidade é que reforzan lectura, melloran entonación, avanzan na comprensión lectora... e un sinfín de habilidades, sen tan sequera ser conscientes. Aprender xogando, un pracer, un dereito, o mellor nunha maña escura.
|
LECTURA E FAMILIAS CON ALMUDENA MOLINA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Almudena Molina agasalla á rapazada de segundo cun contacontos "La mochila invisible" de Stefanie Sherbon Editoria: Independently published.
|
XII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS @ADEGAgz #LimpezaPraias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Para conmemorar a XII limpieza simultánea de praias, os nenos e nenas de 2° e 3° de Educación Primaria, foron a praia da Magdalena e os seus arredores onde recolleron preto de cinco quilos de lixo.
|
PATIOS VIVOS - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes están desexosos de usar os Patios Vivos con máis intensidade, pero as choivas deixaron moitos desperfectos e agora toca facer unha limpeza profunda para volver ao seu uso cotía. Estes días de sol permitiron secar pozas e endurecer o barrizal que se formara en varias zonas, así que puxeron luvas e mandilóns e aproveitaron o tempo. Sacaron as herbas máis tupidas, queda pendente o lavado de testos e cubos. Solicitaron ao Concello de Cedeira a retirada do resto das herbas que non puideron sacar (hai que facelo de raíz para que non rebroten, algunhas teñen pinchos). Comezaron a facer un sementeiro para adicar unha pequena parte do patio á horta. Falaron dos tipos de plantas (árbores, arbustos e herbas), da Camelia que temos nun dos patios... Dende agora os Patios Vivos, estarán moito máis activos coa chegada da Candeloria, pois metade do inverno vai fóra. Deste xeito tamén traballaron o paso do tempo e recordaron proxectos fermosos realizados con outro alumnado que pasou pola escola. Ciclos de vida que se repiten. Por unha rapazada concienciada!
|
CASTELO E CASTRO SARRIDAL #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #IesPuntaCandieira #bescolaresgal · #bescolaresgalabertas |
Seguindo co proxecto "Vivamos como cedeireses", e aproveitando que no 2° trimestre os nenos e nenas de 4 anos investigaron cousiñas sobre a nosa vila, estes e o alumnado de 5 anos, fixeron unha visita ó Castro Sarridal e ó Castelo da Concepción. No Castelo esperaba o alumnado do IES para bailar unha danza medieval.
A camiñata foi longa e o día moooi caluroso, pero... pasárono xenial!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »