Título | Resumo |
---|---|
GALLETAS NADAL #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A biblioteca leva todo o mes ulindo moi ben! A razón é que a cociña non para! Desta volta tocaron galletas cos Vagalumes de 2ºC. En grupos cooperativos prepararon unha tanda de galletas para meter no forno, arrefriaron un día e ao seguinte as embolsaron e adobiaron cunha manualidade de nadal que xa tiñan preparada e reservada para esta ocasión tan especial.
|
CLUB DE LECTURAS "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolatesgalabertas |
Xa van varias reunións nos Clubs de Lecturas. Esta rapazada empeza a viaxar sen moverse da biblioteca. Conversan, dan opinións, falan de gustos, reflexionan... porque ler, é moito máis que decodificar. Gozade moito dos libros, rapazada! Deses que fan tremer, chorar, rir, namorarse, odiar e amar... dos que nos poñen os pelos de punta e nos fan sentir mil emocións.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CANCIÓNS DA INFANCIA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estimadas familias e diferentes axentes sociais, desexamos que compartades connosco aquelas cancións da infancia, coas que saltabas á corda, xogabas coas palmas, facías a roda... Podedes mandalas escritas na ficha e ensinárllelas ao teu peque e, aínda mellor, podes vir á escola e ensinárnolas.
Anexamos a ficha para a recollida da documentación. Gracias por participar!
|
NOVIDADES EN FONDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Novembro chegou cheo de novidades! Pasa pola biblioteca, na hora do recreo, co teu titor ou titora en calquera sesión, polas tardes de 4 a 5 acompañado dun adulto (salvo os martes)... e colle o teu libro favorito. Estamos seguras que hai un libro esperando por ti! Recordade que hai empréstito de xogos de mesa e cd de música e dvd de películas.
|
TERTULIAS DIALÓXICAS EN FAMILIA - CLUB DE LECTURAS #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
COCIÑANDO POLO SAMAÍN #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
Os Vagalumes preparan o seu xantar de Samaín, pementos recheos e salchichas momia.
Dende a escrita da receita, pasando polo lavado, cortado, preparación, posterior xantar e, por suposto, non menos importante limpeza final dos espazos e recursos utilizados. Ollade e se vos presta, copiade a receita!
Boo Samaín!!
|
FONDOS DÍA MUNDIAL DA INFANCIA #DiaMundialdelaInfancia #DiaMundialdaInfancia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasade coller o voso! Se tedes dúbidas, preguntade ao profesorado ou o voluntariado.
Aberto a toda a comunidade en horario de 16:00 a 17:00h., luns, mércores, xoves e venres. DÍA MUNDIAL DA INFANCIA UNICEF
|
VISITA FAMILIAS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Agradecemos a participación da comunidade educativa. Podedes vir vistitar á biblioteca e realizar unha visita co alumnado voluntario de 6º de E.P., o próximo 29 de xaneiro ás 10:00h.
|
GRUPOS INTERACTIVOS ALUMNADO FAMILIAS #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #AprenderaPensarnaBE |
Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos. A biblioteca, centro de recursos e espazo.
|
VISITA FAMILIAS - PORTAS ABERTAS - FORMACIÓN USUARIOS ADULTOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O voluntariado da biblioteca escolar, específicamente os de sexto curso, fixeron unha presentación a través da aplicación Canva, para explicar o funcionamento dos diversos espazos da biblioteca e da escola. Posteriormente, realizaron unha visita guiada por toda a escola para explicar e amosar as instalacións e recursos.
Sempre contaron coa axuda e supervisión do profesorado da biblioteca escolar e do coordinador de Polos Creativos.
|
CONCELLO DE CEDEIRA SAÍDA DIDÁCTICA #AprenderaPensarnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de segundo de primaria remata a unidade sobre o Concello e os servizos públicos cunha visita ao mesmo Concello de Cedeira. Alí tiveron a oportunidade de coñecer a diferentes traballadores, saber das súas profesións, ollar os diversos espazos de reunións, conversar con varios conselleir@s e co alcalde Pablo Moreda. Incluso entraron ver o Pazo de Moscoso reformado, onde se aloxará Policia Local e Servizos Sociais. Por suposto, falaron, contaron e opinaron da vida na escola e na vila! Gracias a todos o que fixeron posible esta visita.
|
LECTURA E FAMILIAS CARLOTA PICOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado de 3 anos tivo unha visita especial, a de Carlota Picos, a mamá de David. Con ela realizaron un obradoiro de árbores de Nadal de milfollas. Boa parte quedou nas fontes e foi ao forno, outra a levaron posta. De seguro foi unha mañá máis que doce e divertida! Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
CABAZA CON SENSOR DE LUZ #poloscreativos #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
O alumnado de 5º de E.P. crea unha cabaza con sensor de luz para a exposición de cabazas do cuarto do Samaín.
Vaia chulada!
|
ADOBÍOS DE NADAL #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Se vos presta podedes imprimilos!
|
VELADAS POÉTICAS - PREMIO PODCAST LETRAS GALEGAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podemos escoitar o podcats premiado no concurso organizado pola Asesoria de Bibliotecas Escolares. O alumnado de 2º de primaria presentou "Luisa Villalta - Veladas poéticas", un programa onde poderedes escoitar decenas de voces da nosa rapazada e das familias e diferentes axentes sociais. Todo aderezado coa música de Bach soando de fondo, dúas pezas tocadas tamén por un papá. Estes minutos que ides escoitar son o final dun proxecto onde investigamos, pedimos colaboración das xentes da vila, aprendemos a diferenciar o rúido do silencio e a darlle espazo para concentrarnos nas pezas musicais traballadas, escribimos poesía e traballamos figuras literarias, escribimos e dramatizamos teatro para levar a voz de Luísa ao podcast. Son uns breves minutos pero que foron meses de traballo do alumnado e do profesorado para que esas voces produciran tan inmenso traballo de escrita, lectura e pronunciación.
Gracias a todas e todos os que o fixeron posible! Tamén podedes escoitar o seu podcast e o de outros premiado (de diferentes idades) na Radio Galega. Neste domingo tamén emitirán unha entrevista sobre o noso podcast premiado.
|
BENVIDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os animais vertebrados e invertebrados foron tema de investigación, o alumnado creou un libro de lapelas para concentrar a información. Durante o proxecto recibiron a visita de Algodón, un coelliño a mar de doce.
|
LECTURA E FAMILIAS CONTACONTOS CHIBOS CHIBÓNS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Familias e alumnado compartindo música e contos, tempos tenros para a infancia. Aida Lozano e Agustín Berenguer López, agasallan ao alumnado con "Chibos Chibóns" , conto adaptado por Olalla González, ilustrado por Federico Fernández e editado por Kalandraka.
Agradecer á familia, a implicación e elaboración de materiais para realizar o contacontos. A Lúa Berenguer Lozano a incorporación de sons. Foi moi lindo ver o que gozaron e o interese que suscitou o movemento dos monicreques.
|
ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal |
Coa intención de brindar unha documentación útil para as familias, imos compartir unha serie de recursos, a través de vídeos, libros e documentais que poden ser de moita utilidade no entorno familiar e escolar para crear espazos seguros e traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso á infancia. Algúns destes contidos son para público infantil, outros necesitan a guía dun adulto e outros só están indicados para adultos. Irémosvos comentando. Comezaremos cunha canción para público infantil. Nos vindeiros días publicaremos outros recursos.
|
NOVIDADES EN FONDOS 25N #nonhaiexcusa #25N #bescolaresgal #igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" tedes a vosa disposición os libros de Menstruita, o proxecto de educación sexual de Cristina Torrón.
|
LER E DRAMATIZAR #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
En ocasións, tan só chega con ser un bo observador ou observadora. Un día de choiva, tempo de lecer, unha rapaza colle un libro para ler en voz alta, outros/as xogan a representar o que se escoita. Elas xogan, pero a realidade é que reforzan lectura, melloran entonación, avanzan na comprensión lectora... e un sinfín de habilidades, sen tan sequera ser conscientes. Aprender xogando, un pracer, un dereito, o mellor nunha maña escura.
|
HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A hora de ler é unha actividade imprescindible, dinámica e diversa, pode desenvolverse en múltiples espazos, con diversidade de textos, a calquera idade, pode ser individual, compartida... O importante é brindarlles unha boa selección e que sexa comprendida polo lector ou que teña outra persoa que lle tenda unha ponte para interpretala.
|
COMEZAMOS CON NOVIDADES EN FONDOS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasa pola biblioteca a escoller a túa lectura! Hai un libro esperando por ti!
|
FONDOS NOVIDADES #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - O COCHERITO LERÉ #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Empezan a chegar as cancións da infancia das familias. Aquí temos a Leire e Sofía de 2º A ensinándonos a súa canción.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »