Skip to main content

Novembro 2016

25 DE NOVEMBRO

HOXE, COMA TÓDOLOS DÍAS, TÓMASE CONCIENCIA DE QUE O RESPECTO E A IGUALDADE DEBEN ESTAR SEMPRE PRESENTES NAS RELACIÓNS DE AMIZADE, AMOR E CONVIVENCIA.

A NOSA GAIVOTA CASILDA TROUXO UNS LIBROS MOI ESPECIAIS QUE NOS FAN REFLEXIONAR

NESTE 25 DE NOVEMBRO,

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

NOVO PREMIO DE CARLOS LABRAÑA

Percebín anda moi contento!

Carlos Labraña

vén de acadar

o IX Premio Manuel María

de literatura dramática infantil.

 

NORABOA!!!

A súa obra O valo é unha homenaxe a todas as persoas que abandonan o seu país fuxindo da guerra, "para que non permanezan no esquecemento e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valos, aramados, muros e fronteiras que separan os seres humanos".

Carlos Labraña. E ti, de quen vés sendo?