Título | Resumo |
---|---|
MÁQUINAS SIMPLES #ciencia #poloscrativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de sexto experimenta coas pancas e outras
máquinas simples, primeiro son obxectos de reciclaxe e
posteriormente coas máquinas simples de mecánica, de Lego Wedo.
|
OBRADOIRO DE GOMINOLAS #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
Obradoiro de gominolas polo Samaín a cargo do alumnado de segundo A e B.
Un traballo en gran grupo cun resultado moi saboroso!
|
OBRADOIRO AUGAS DE GALICIA #AugasdeGalicia #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Na pasada semana recibimos a visita de Augas de Galicia para recibir unha charla de sensibilización e un obradoiro sobre as inundacións. Riscos, desbordamentos de ríos, consecuencias, efectos negativos dun fenómeno natural e necesario. Para ver algúns vídeos e obter máis información podedes achegarvos ao seu blog: Augas de Galicia.
Na súa visita realizaron unha donación de guías dos Bolechas, Coidamos a auga, para todo o alumnado de infantil.
|
CONTACONTOS CON MARIBEL FERNÁNDEZ #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Este mércores visitounos outra familia,
Maribel Fernández Pazos e veu cunha sopa moi rica.
"A mellor sopa do mundo" De Susanna Issern (Autora), Editorial OQO.
Unha actividade do programa Lectura e Familias,
a través da Biblioteca Humana-Polos Creativos.
|
ESPAZOS DE CALMA #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este curso escolar o profesorado recibiu formación sobre diferentes trastornos, formas de actuar, metodoloxía, accións favorables... Así nas aulas de primeiro aproveítase un oco para crear un espazo de calma, no que rapazada poida usar para volver a regularse. Para coñecer ese espazo e presentalo, a rapazada crea botellas da calma.
|
O REI MIDAS - DÍA DO LIBRO - CONTACONTOS BIBLIOTECA HUMANA #DíadoLibro2023 #Lecturascompartidas #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalaberta |
Familias e alumnado comparten tempo de lectura de calidade.
Mey Lin Apac e Magdalena Iglesias, viñeron a agasallar ao alumnado coa lectura teatralizada e posterior debate sobre
o libro "O Rei Midas". Chegaron á conclusión de que o importante non son as cousas materiais, senón a amizade, o amor...
Feliz Día do Libro! Para viaxar só hai que asomarse a unha historia. Ven á biblioteca escolar e poderás levar libros tan fermosos coma este.
Esta actividade enmárcase dentro da actividade da Biblioteca Humana/Polos Creativos, dentro do programa "Lectura e familias.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CANCIÓNS INFANTÍS PRIMEIRO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
IMOS Á RADIO DO IES PUNTA CANDIEIRA E GRAVAMOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Paulo Vicente, profesor do Ies Punta Candieira e membro da biblio do seu centro, participa na Biblioteca Humana/Polos Creativos.
Con el, un grupo de alumnado de sexto de primaria, acompañados do seu mestre Alex, realiza un obradoiro de radio para rapearlle a Rosalía. Unha actividade de expresión oral que aportou moitas outras cousas, pois tamén foi un novo achegamento a un espazo, no que en breves estará este alumnado. Gracias Paulo por participar e facelos pasar unhas horas incríbles!
|
LIMPEZA DA PRAIA #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Green Club, do Ceip Nicolás del Río, únese á proposta da Asociación Arce (Amigos dos Ríos), o Museo Mares de Cedeira e o Concello de Cedeira na xornada de limpeza da praia da Magdalena. Será o domingo 14 de xaneiro a partir das 11:00 da mañán, e só compre traer roupa e calzado axeitado. Para o alumnado que desexe participar teremos unha tirada de petos e luvas do Green Club (serán recollidos ao rematar a xornada). Engadir que esta proposta Arce xa a tiña programada antes da chegada desta "marea plástica" que nos asolaga, polo que agora, aínda máis compre aunar esforzos! Clica na ligazón para informarnos máis polo miúdo nunha publicación do naturalista Rafael López Loureiro, do seu blog "Ao Noroeste, do Noroeste".
|
"CAMINOS PARA RECONOCER TU TÍTULO UNIVERSITARIO" POR MEY LIN APAC RIVERA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 26 de maio ás 28:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" Aberto a tódolos públicos. Achégate!
Unha experiencia de vida!
|
CADERNO DE CAMPO - 3 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 3 anos remata o seu caderno de campo, un dos produtos finais do noso proxecto documental integrado, sobre a flora e a fauna da nosa contorna. Parabéns a estes pequenos naturalistas!
|
COSTURA ENTROIDO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estes días alumnado e mestres pasamos moito tempo na zona de costura da nosa biblioteca creativa. As máquinas de coser non dan abasto e todos estamos preparando os disfraces do entroido. Reciclamos todo o material que podemos e creamos boa parte dos disfraces. É tempo de apegotas, bromas mentireiras, este mes autorizadas. Así que coidadiño!
|
OBRADOIRO DE RADIO - BIBLIOTECA HUMANA/POLOS CREATIVOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Un grupo de alumnado do sexto de primaría realizará un obradoiro de radio na Radio Escolar da Biblioteca do Ies Punta Candieira, con Paulo Vicente, outro dos voluntarios da nosa Biblioteca Humana e profesor do Ies.
|
LECTURA E FAMILIAS CONTACONTOS CHIBOS CHIBÓNS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Familias e alumnado compartindo música e contos, tempos tenros para a infancia. Aida Lozano e Agustín Berenguer López, agasallan ao alumnado con "Chibos Chibóns" , conto adaptado por Olalla González, ilustrado por Federico Fernández e editado por Kalandraka.
Agradecer á familia, a implicación e elaboración de materiais para realizar o contacontos. A Lúa Berenguer Lozano a incorporación de sons. Foi moi lindo ver o que gozaron e o interese que suscitou o movemento dos monicreques.
|
FONDOS DÍA MUNDIAL DA INFANCIA #DiaMundialdelaInfancia #DiaMundialdaInfancia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasade coller o voso! Se tedes dúbidas, preguntade ao profesorado ou o voluntariado.
Aberto a toda a comunidade en horario de 16:00 a 17:00h., luns, mércores, xoves e venres. DÍA MUNDIAL DA INFANCIA UNICEF
|
PROVOCACIÓN AO XOGO "OUTONO" #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podedes acudir a unha nova provocación no espazo argalleiro, unha mesa de xogo, con materiais naturais e xoguetes de madeira para crear, inventar, imaxinar...
Algúns elementos como os froitos secos son utilizados baixo a supervisión do profesorado, pois non poden estar presentes con todo o alumnado para evitar alerxias.
Recordade seguir as normas de uso.
Se queredes investigar sobre este tipo de xogo con materiais naturais e pezas soltas, nesta ligazón tedes unha referente: https://www.mamaextraterrestre.com/blog/
|
RECREOS NA BIBLIO! #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Así de ben o pasamos nos recreos na biblio!
|
PETER. O MUSICAL #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
LECTURA E FAMILIAS CARLOTA PICOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado de 3 anos tivo unha visita especial, a de Carlota Picos, a mamá de David. Con ela realizaron un obradoiro de árbores de Nadal de milfollas. Boa parte quedou nas fontes e foi ao forno, outra a levaron posta. De seguro foi unha mañá máis que doce e divertida! Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
CURTAMETRAXE "PEQUENOS PERO MAIORES" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de primeiro realiza unha curtametraxe sobre a realidade das aulas galegas con alumnado extranxeiro. O fai coa axuda das familias que tamén participan en diversos ámbitos, tanto na actuación como na música.
Agradecer a colaboración de todos eles, en especial de Antonio Rodríguez Bustabad.
|
RADIO EXPERIMENTAL - NOVO ESPAZO #Radionabiblio #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Presentamos a extensión da Radio Experimental, un segundo espazo máis amplo, para realizar moitos podcast. Deste xeito a Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" invirte o premio gañado no Concurso de podcasts de Radio na bliblio. Animádevos a mantelo dinamizado!
|
PROXECTO VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os animais vertebrados e invertebrados foron tema de investigación, o alumnado creou un libro de lapelas para concentrar a información. Durante o proxecto recibiron a visita de Algodón, un coelliño a mar de doce.
|
GRUPOS INTERACTIVOS ALUMNADO FAMILIAS #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #AprenderaPensarnaBE |
Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos. A biblioteca, centro de recursos e espazo.
|
GALLETAS NADAL #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A biblioteca leva todo o mes ulindo moi ben! A razón é que a cociña non para! Desta volta tocaron galletas cos Vagalumes de 2ºC. En grupos cooperativos prepararon unha tanda de galletas para meter no forno, arrefriaron un día e ao seguinte as embolsaron e adobiaron cunha manualidade de nadal que xa tiñan preparada e reservada para esta ocasión tan especial.
|
CABAZA CON SENSOR DE LUZ #poloscreativos #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
O alumnado de 5º de E.P. crea unha cabaza con sensor de luz para a exposición de cabazas do cuarto do Samaín.
Vaia chulada!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »