"CAMINOS PARA RECONOCER TU TÍTULO UNIVERSITARIO" POR MEY LIN APAC RIVERA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O 26 de maio ás 28:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña"
Aberto a tódolos públicos. Achégate!
Unha experiencia de vida!
OBRADOIRO EPISTOLAR - FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #AMI #aBEtenapalabra
ANTÓN CORTIZAS NO CLUB DE LECTURAS - OBRADOIRO DE VERBAS E XOGOS #Clubsdelectura #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal
Despois da lectura do Merlo de Ferro e a Merla de Trapo
o alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con Libros"
gozou dun obradoiro con Antón Cortizas o autor de ámbolos dous libros
e dunha morea máis que temos na biblioteca. Antón,
é escritor, sabe xogar coa palabra pero tamén de xogo,
ese que se fai con bugallos, trozos de lata, papeis...
con calquera material que nos proporciona a
natureza ou é de refugallo. Así crearon chifres con sons,
fixeron paxaros en papiroflexia,unha curuxa con bugallos,
leron a poesía musicada "No mundo hai un país"
de Guadi Galego, xogaron coa palabra, fixeron O bico do galo...
Temos que agradecer á Asociación Arce quen nos puxo en
contacto con Antón, o cal nos agasallou con verbas e xogos.
Gracias Antón Cortizas para facer medrar a nosa lingua!
OS PARRULOS DE INÉS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal
Inés, xuntos cos seus pais, Verónica e Pablo fixeron un traballo
de investigación sobre os seus parruliños e o trouxeron para
amosárnolo. Aprendemos como son os peteiros, as patas,
as especies... e unha morea de cousas máis sobre os parruliños
de Inés. Unha aportación importante para o proxecto
"Naturalmente, aprendendo!".
Moitas gracias por vir e ensinarnos tanto sobre estas aves!
PROXECTO GRUPOS INTERACTIVOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal
Algunhas das xornadas dos grupos interactivos estiveron
adicadas ao proxecto da flora e da fauna. O alumnado co
acompañamento das familias, profundizou na lectura c
omprensiva da información que aporta o Álbum de Flora e Fauna,
ollaron as fotografías de Rafael Loureiro (Calel) que foron de gran
axuda para colorear e nomear os debuxos para o Libro que eles están
realizando, ordenaron fases do crecemento da planta e da ra,
traballaron no caderno de campo... e namentres tamén se
fixeron máis ricos, coas aportacións dos adultos e dos seus
compañeiros e compañeiras. Está claro que a unha sesión de
interactivos, nunca se sae como se entra.
PREMIO PODCAST RADIO NA BIBLIO - CARTAS QUE VENCEN CANCELAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas23 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Moitos parabéns á rapazada e a toda a comunidade educativa implicada!
Resultamos premiados no programa, Cartas que vencen cancelas,
presentado ao V Concurso de Podcast de Radio na bilblio,
da Asesoría de Bibliotecas Escolares en colaboración coa
CRTVG (Radio Galega).
Pero isto non foi só un programa, detrás das voces deste rapaciños
e rapaciñas, hai un proxecto. Comezaron documentándose na biblioteca,
convidaron ás familias a participar, descobreron que "A miña burriña" era
a canción preferida de Francisco Fernández del Riego (a aprenderon e a cantaron),
quixeron imitar o seu bo facer e fixeron unha crítica constructiva da vila,
buscando solucións e redactando epístolas aos diferentes organismos que podían axudalos.
Ilustraron a Del Riego e comezaron a labor escrita da escaleta para rematar coas gravacións.
Un proxecto, que continuou despois destas gravacións, mantendo entrevistas
con quen pode axudar a que as solucións da rapazada sexa unha realidade.
Canto nos da a radio! Parabéns rapazada!
Aquí o seu podcast, Cartas que vencen cancelas!
Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega
a través da páxina do Diario Cultural; así mesmo, serán difundidos
a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades.
QUE É UNHA ONG? - CLAUDIA PÉREZ RODRÍGUEZ #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O alumnado de sexto de primaria tivo a oportunidade de coñecer
de primeira man unha ONG, Plan Internacional.
Claudia Pérez Rodríguez, coa axuda dunhas fotografías
e vídeos foi comentando os diversos proxectos nos que están
inmersos, en Ucrania, Sudán... e a rapazada tivo a oportunidade
de resolver unha morea de curiosidades e dúbidas.
Moitas gracias por participar!
CARTAS QUE VENCEN CANCELAS - PREMIO PODCAST LETRAS GALEGAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas23 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A comunidade educativa do Nicolás estamos de parabéns!
O programa, Cartas que vencen cancelas, presentado ao
V Concurso de Podcast de Radio na bilblio, da Asesoría de
Bibliotecas Escolares en colaboración coa CRTVG (Radio Galega),
resultou gañador na convocatoria.
A proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas,
dedicado este ano ao intelectual, escritor, activista político e cultural,
articulista, editor e ensaísta Francisco Fernández del Riego.
En breves poderemos escoitar o podcast na Radio Galega a través
da páxina do Diario Cultural; así mesmo, serán difundidos a través
dos medios web da Consellería de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades; e por suposto,
no blog da biblioteca escolar e nas súas redes.
ESTREA NAVEGANTES - ALICIA FREIRE VERA #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Alicia Freire Vera e o alumnado voluntario da
Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" teñen o pracer
de convidarvos á estrea de Navegantes.
LETRAS GALEGAS - EPISTOLARIO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #AMI #aBEtenapalabra
Francisco Fernández del Riego, homenaxeado das Letras Galegas,
tivo como rutina escribir epístolas aos seus amigos, compañeiras, familiares...
Foi unha constante na súa vida. Dende a biblioteca queremos convidarvos a
que esta vindeira semana enchades o buzón de Percebiño, o da familia, amigos...
e escribades cartas.
Xa sabemos que o facedes sempre que vos presta,
pero nesta ocasión será un obradoiro especial no recreo.
Clicando aquí poderedes acceder a moita documentación
sobre Francisco Fernández del Riego.
Engadimos un anexo de cartas por se queredes usalo na casa.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CARTA PERCEBIÑO E AMIGOS.pdf | 161.21 KB |
POSTAL PERCEBIÑO E AMIGOS.pdf | 854.09 KB |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »