Skip to main content

BIBLIOTECA HUMANA #bescolaresgal #Axenda20230 #bescolaresgalabertas

 A Biblioteca Humana, dentro do programa Lectura e Familias, volve outro ano

máis para facer escola entre todos e todas!


Está claro que as nosas xentes son fonte de recursos diversa.
Ademáis a biblioteca, as mestras e os mestres somos conscientes

do poder motivador que pode exercer que a avoa, o tío, a madriña,

a veciña, o curmán, mamá, papá... se achegue á escola e forme

parte dela, que cree, ensine, lea, constrúa coñecemento.

Por todas estas razóns e moitas máis, abrimos novamente o

banco humano que abarca tres grandes obxectivos:

a)Continuar ampliando as persoas libro (contar oralmente

unha vivencia, experiencia, saber...

a un grupo pequeno de persoas que logo teñen opción

a facer preguntas sobre o comentado).



b)Acudir na hora de ler a contar unha historia a tódolos

compañeiros e compañeiras da aula do seu familiar.



c)Realizar un ou varios obradoiros sobre a temática

que se solicita co alumnado.



A escola conta cunha gran dotación de recursos materias

de Polos Creativos e da biblioteca escolar.

Somos moi afortunadas e afortunados pois temos

un centro con gran cantidade de material.

Agora é necesario sacarlle o máximo partido para

aprender do mellor xeito que sabemos, Xuntos!

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
BIBLIOTECA HUMANA FAMILIAS APUNTARSE.pdf3.71 MB

ROTEIRO LONXA DE CEDEIRA #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer as instalacións, peixes e oficios do mar,

a través, do ofrecemento de Galp A Mariña - Ortegal cos que fixemos un roteiro

dende a escola. Paramos en edificios e prazas de interese pesqueiro para

recibir información, pero o mellor de todo foi chegar á lonxa e poder coller

coas nosas propias mans os peixes e mariscos que collen día tras día os

nosos mariñeiros/as e mariscadoras/es. Uns oficios dos que tamén

descobremos moitas cousas. Tamén aproveitamos para lembrar

fábricas das que hoxe só quedan as ruinas.

Agradecer o traballo do guía, o Galp, persoal da lonxa e a Confradía de Cedeira.

 

 

 

 

 

REALIDADE VIRTUAL E DOCUMENTACIÓN #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado de 6º está inmerso nun proxecto do corpo humano,

así que acudiron á biblioteca a documentarse e sacarlle o máximo

partido ás novas camisetas de Body Planet,

do corpo humano e tamén á nosa boneca Amparo.

 

 

 

 

PATIOS VIVOS #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Patios Vivos son un espazo de aprendizaxe e

xogo respectuoso coa infancia e co medio ambiente.

 

En moitas ocasións o xogo é libre, pero nalgunhas veces,

deseñamos obradoiros máis dirixidos.

 

 

 

 

 

LECTURAS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Escollendo boas lecturas!

 

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA LÍA #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Iniciamos un novo curso gracias á colaboración de todos e todas,

pois xuntos aportamos ideas, solucións, afrontamos problemas

e solucionamos do mellor xeito que podemos.

 

O inicio de curso non foi nada sinxelo, tíñamos a biblioteca cunha

sala medio pechada por culpa dunha obra e tivemos que limpar, recoller,

colocar estanterías, libros, materiais... Coma sempre, apareceron voluntarios

(sen estar nin apuntados!), pero é que cando a biblio é túa porque nela pasas

tempo, a creas, a gozas... vólcaste nela. Así sairon mans, voces e

pensamentos para atallar os problemas que foron xurdindo.

En poucos días, a sala abríu e xa usamos tódolos espazos.

Para mostra estas fotografías!

 

Grazas a todas e cada unha deses fermosas persoas

que estiveron colaborando! Sodes inmensas!

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Estamos ledos! Hoxe compartimos convosco o producto final

do proxecto “Música, maestro!”. Un libro-revista cheo de historia,

da nosa, das nosas xentes. Esperamos que gocedes das fotografías,

dos textos e dos vídeos que podedes ver a través dos QRs.

 

 

Estas páxinas reunen o esforzo e traballo de todos por contar,

parte da historia músical que fomos quen de investigar, dramatizar

e recuperar. Pois é tradición e queremos que permaneza na nosa memoria,

nos nosos corazóns, pero o que máis desexamos é que forme parte

das vivencias da nosa rapazada, para que elas e eles sexan quen de transmitila ás novas xeracións.

 

 

Agradecer a colaboración dos diversos axentes sociais,

o Concello de Cedeira, o Ies Punta Candieira, as familias...

pola súa inmensa participación.

 

Deixamos tamén unha páxina de Facebook, Historia de Cedeira en fotos,

un recuncho que aportou moita información para recoñecer a

moitas das persoas que hai nas fotografías.

Gracias a todas, todos e cada un dos que fixestes posible este proxecto.

Estes recreos de comezo do curso deixan entrever que valeu e moito cantar,

bailar, documentarnos e recuperar. Da gusto velos levalo á práctica.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Música Maestro Libro revista.pdf24.71 MB

BENVIDA CURSO 202 2025! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

 

 

DESPEDIDA VOLUNTARIADO ESCOLAR #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Despedimos a un alumnado que formou parte da nosa equipa de biblioteca.

Unha rapazada que deu vida día a día á nosa biblioteca.

Xuntos fixemos que esta maquinaria funcionase.

Elas e eles agasallan co seu tempo e traballo para que todos gocen

de recomendacións lectoras, organizan obradoiros, controlan préstamos

de aparellos tecnolóxicos, xogos didácticos, libros... Son a alma da biblio.

Gracias rapazada por acompañarnos nesta aventura!!

En recoñecemento pola súa labor un certificado e un

chaveiro de madeira co logo do noso Percebiño.

Parabéns rapazada!!