Iniciamos a andaina polo emocionante mundo da alimentación dentro do Plan Proxecta no que participamos na nosa escoliña: Nutriescolas que este ano levará por título "BALIMÉNTATE E EMOCIÓNATE CON NÓS"
O alumnado de Infantil xunto coa súa titora, Ana, gozaron dunha sesión moi divertida co producto estrela do mes de setembro: AS UVAS. Tempo de vendima: arrincamos uvas dos acios, exprememos coas nosas mans, trasvasamos e filtramos o zume. Que divertido e aprender facendo e xogando!
Traballamos ao mesmo tempo a motricidade fina, o agarre, a pinza, a coordinación ollo-man, espera de quendas, traballo en equipo...gozar XUNTOS.
Vida práctica e autonomía!!
Xuzgade vós como de EMOCIONADOS estaban e se sentiron!
O pasado sábado, 1 de xuño celebrouse o Día Mundial do Leite, conmemoración anual proposta pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura dende o 2001.
Con motivo desta data, o luns 3 de xuño, representantes da Asociación Agromuralla de Lugo, que reinvidican melloras no sector da agricultura e a gandaría, achegáronse ao noso cole a darnos unha breve explicación dos beneficios do consumo de leite e deixáronnos como agasallo, unhas botellas de leite de vaca fresquiño.
No Baliño, non paramos nin a piques de rematar este supercurso! A horta está xa a pleno rendemento e imos recollendo o que sementamos para aproveitalo para os nosos menús no comedor. Que ben presta comer o que un mesmo sementa!
Recollemos verduras das que plantamos a finais do inverno e "lambiscamos" nos amorodos da tempada.
Nas imaxes que seguen tamén vemos ao noso compi Thigao de Infantil que traslada restos da herba desbrozada para o compost, co que posteriormente abonaremos.
Este luns 13 de maio, o alumnado do Clube de lectura Lerín Leránde 5º e 6º de primaria, dirixido pola mestra Laura, celebraron unha nova xuntanza literaria para debatir e falar sobre o libro "ALMA DE ELEFANTE" (Premio Anaya infantil 2022). Unha tenra historia de crecemento e amor polos animais.
Unha historia desenvolta no país africano que trasladou á rapazada a un novo país sen moverse da súa terra, simplemente a través da imaxinación. Velaí o superpoder dos libros e da lectura.
E por suposto, para amenizar a xornada, elaboraron unha receita típica de África e descoñecida en sabor por todos e todas: o Alloco, tamén chamado Aloco ou Aloko), popular sobre todo en África occidental e central, e elaborado a base de plátanos macho fritos. Pola súa sinxeleza, é considerado unha comida rápida vendido nas rúas da Costa do Marfil entre outras. Faise fritido en aceite e mesturado con xenxibre.
Gustoulles? Pois a uns sí e a outros non...Alomenos seguro que non o olvidarán.
O venres de Entroido, o noso cociñeiro Oscar preparounos unha comida moi típica desta época, de Galicia e da provincia do Baliño.... O COCIDO GALEGO.
Entre os ingredientes citamos o repoliño, as patacas, os garavanzos, a tenreira, o lacón e por suposto o chouriciño.
Pero claro, despois da merendola das sobremesas do Entroido coas familias... pois quedounos moita sobra...
Que facemos? tiralo?....ISO NUNCA!! Oscar gardou a comida e preparamos unhas deliciosas croquetas DE COCIDO co noso alumnado e incluímolas nun prato do noso menú diario. "O galego sempre deixa a vergoña"...pois neste caso, ÍMOLO APROVEITAR TODO TODITO...
O 15 de maio celébrase oDÍA DA FAMILIA, e no Baliño facendo honra a pequena GRAN familia que somos, preparamos uns agasallos cheos de amor para as familias d@s nos@s rapaces/as: unhas saudables marmeladas de KIWI! E por suposto feitas cos kiwis recollidos no Baliño.
Relacionamos esta actividade con varios proxectos nos que participamos: Voz Natura (reciclados de botes de cristal e refugallo de revistas antigas para decorar o agasallo), Nutriescolas (elaboración de marmeladas) e o Pdi " Coñecendo a nosa provincia:Lucus Augusti" que parte da biblioteca (seleccionando froita que se da na nosa contorna). As etiquetas foron elaboradas polo alumnado de 5º de primaria empregando o programa Canva, no que deseñan habitualmente diferentes propostas de Biblioteca creativa.
Agardamos que vos guste e endoce moitos momentos en familia xuntos! Grazas por todo o que nos dades!
Achegamos as RECEITAS porque sabemos que vos van encantar:
INGREDIENTES:
CON AZUCRE
1 KG de kiwis lixeiramente maduros.
500 grs de azucre (blanco/moreno). (nós empregamos so 25o grs)
1 limón exprimido ou en metades a cocer.
45 minutos de coción máis ou menos
SEN AZUCRE
Engadimos unha culler de agave
2 mazás Fuji con pel
ELABORACIÓN:
-Ferver 10 minutos ou esterilizar no microondas 3 minutos a máxima potencia, mediados de agua.
-As tapas tamén hai que fervelas durante 10 minutos. Non empregar oxidadas nin dobradas.
-Para gardar sumerxir os botes cheos tapados nunha pota con auga cubríndoos ben.
-Cociñar durante 40 minutos.
-Ao enfriar poñémolos boca abaixo e comprobamos que non perden líquido polas tapas.
No Baliño, este ano tivemos a sorte de contar coa presenza da nosa auxiliar de conversa Anj, procedente de Filipinas.
E de novo, celebramos o Filipino Food Dayque o ano pasado tivo tanto éxito entre o alumnado e profesorado. No menú do noso comedor, tivemos un primeiro, un segundo e unha sobremesa con sabor asiático, proposto por Anj e realizado, baixo a súa supervisión, a da nosa teacher Nati, da mestra encargada de comedor Maite e do noso cociñeiro Oscar, polo alumnado de 5º e 6º de primaria.
Por unhas horas, trasladámonos, sen movernos do cole a un país distinto ao noso empregando os sentidos do gusto e do olfacto. Experiencias culinarias distintas que nos axudan a descubrir diferentes sabores, texturas, ingredientes...
Estes foron os pratos que se serviron no comedor como guinda do pastel desta semaniña de maio:
1º.Appetizer/starter: Egg drop soup
2º.Main course: Pininyahang Manok
Sobremesa: Mais con yelo
Moitísimas grazas Anj pola túa dedicación e agarimo! Graciñas a Oscar o noso supercociñeiro, a Nati por supervisar todo, a Maite por encargarse de ter todo o necesario e a todo o profesorado e membros participantes na actividade. XUNTOS SOMOS "LO MÁS"!
Este mércores 24 de abril, os grupos de Infantil, 1º e 2º primaria e 3º e 4º primaria, realizaron unha visita/saída xunto con mestres e mestras á Escola de Hostalaría de Rosende, situada preto da nosa contorna. Intentando dar continuidade a tres dos proxectos do Baliño (Voz Natura, Nutriescolas e o Pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti").
Alí recibironnos con moito agarimo e ledicia, mestr@s e estudantes que se preparan para camareir@s e cociñeir@s. Tíñannos preparadas uns obradoiros relacionados coa alimentación e protocolo moi divertidos.
Obradoiro de "cookies" con chocolate: atendemos á mini introducción do que debemos facer para levar unha vida sana e saudable. Explicáronnos o proceso de facer galletas e puxémonos mans á masa.
Obradoiro dos sentidos: con vendas nos ollos poñemos a proba o noso sentido do gusto (cenorias, pemento vermello, menta, chocolate, amorodo...)
Obradorio de cocktails sin alcohol e batidos de chocolate e vainilla.
Obradoiro de espetos de froitas (amorodos, plátanos, piña e laranxa).
Pasamos unha mañá do mais divertida e aprendemos un montón.
Tomade nota da receita de GALLETAS:
250 g de fariña
125 g manteiga (moi fría)
4 g sal
80 g azucre glas
SABLAGE: mesturar cunhas rasquetas e logo coa xema dos dedos ata deixala cunha consistencia de area
Engadir un ovo e unha xema cando teña a textura mencionada. Amasar e non traballar demasiado a masa para non derreter a manteiga.
Cubrir cun film e deixar enfriar durante 2 horas. Enrolar en forma de cilindro.
Cortar e dar forma de galleta.
Engadir "toppings" ao gusto como p.ex. pedriñas de chocolate.
Como están indo uns días de primavera e calor, para as merendas de media mañá, os compis de 5º e 6º prepararon uns deliciosos snacks de froita fresca para coller forzas para levar o resto do día no Baliño.
Empregaron: amorodos, plátano, crema de cacahuete, chocolate fundido 85%.
O xeito de elaboralo:
-Nun molde colocamos papel de cociña.
-Laminamos os amorodos (ben lavados previamente) e o plátano.
-Colocamos as láminas de froita sobre o papel de cociña ata encher a base.
-Untamos con crema de cacahuete ou kéfir esa base.