Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo) ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal Telf.:982828216/15
SAÍDA ROSENDE (ESCOLA DE HOSTALARÍA)
Este mércores 24 de abril, os grupos de Infantil, 1º e 2º primaria e 3º e 4º primaria, realizaron unha visita/saída xunto con mestres e mestras á Escola de Hostalaría de Rosende, situada preto da nosa contorna. Intentando dar continuidade a tres dos proxectos do Baliño (Voz Natura, Nutriescolas e o Pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti").
Alí recibironnos con moito agarimo e ledicia, mestr@s e estudantes que se preparan para camareir@s e cociñeir@s. Tíñannos preparadas uns obradoiros relacionados coa alimentación e protocolo moi divertidos.
- Obradoiro de "cookies" con chocolate: atendemos á mini introducción do que debemos facer para levar unha vida sana e saudable. Explicáronnos o proceso de facer galletas e puxémonos mans á masa.
- Obradoiro dos sentidos: con vendas nos ollos poñemos a proba o noso sentido do gusto (cenorias, pemento vermello, menta, chocolate, amorodo...)
- Obradorio de cocktails sin alcohol e batidos de chocolate e vainilla.
- Obradoiro de espetos de froitas (amorodos, plátanos, piña e laranxa).
Pasamos unha mañá do mais divertida e aprendemos un montón.
Tomade nota da receita de GALLETAS:
- 250 g de fariña
- 125 g manteiga (moi fría)
- 4 g sal
- 80 g azucre glas
SABLAGE: mesturar cunhas rasquetas e logo coa xema dos dedos ata deixala cunha consistencia de area
Engadir un ovo e unha xema cando teña a textura mencionada. Amasar e non traballar demasiado a masa para non derreter a manteiga.
Cubrir cun film e deixar enfriar durante 2 horas.
Enrolar en forma de cilindro.
Cortar e dar forma de galleta.
Engadir "toppings" ao gusto como p.ex. pedriñas de chocolate.
Levar ao forno.