Os pequechos e pequechas do cole tiveron unha merenda especial. A profe Ana sorprendeunos cunhas "porras". Unha receita de masa de fariña e auga, en forma cilíndrica con estrías, un pouquiño máis longa que os coñecidos "churros".
Polas imaxes cremos que deron boa conta delas...Que opinades vós?
Este venres día 15 o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, realizaron unha pequena saída/visita á feira de Pantón próxima ao Monte Baliño. Tan preto é que saimos camiñando nun día no que brilaba o sol, para disfrutar ademais dun agradable e saudable camiño disfrutando da contorna e da natureza.
Vimos postos de zapatos, roupa, queixos... A polbeira ensinounos e falounos un pouco de como cociñar o mellor polbo. Abraidos quedamos coa peza que nos ensinou! No posto das plantas, agasalláronnos cunhas prantiñas de fresas, que tan pronto chegamos ao Baliño, prantamos na nosa hortiña. Grazas polo agasallo!
Hoxe martes tivemos o segundo encontro do club de lecturaLerinlerán!
Desta volta e recollendo as suxerencias do alumnado escolleuse un libro de aventuras, que certamente lles encantou, “O misterio de Portomarín”, de Antía Yañez, unha novela de misterio que dende o minuto un foi moi doada de ler!
@s participantes nas conversas do club, elaboraron unha fresca e saudable limoada, acompañándoa dun doce típico da zona, tarta de Ancano, especialidade de Portomarín, sendo ambos os dous, alimentos dos que se fala no libro. Mesturaron dúas culturas: a literaria coa gastronómica. Que bo "tandem!
Enmarcamos esta actividade en varios proxectos do Baliño: Clube de lectura da Biblioteca, Nutriescolas, Pdi curso 23-24 "Coñecendo a provincia: lucus Augusti" e EcoSaúde.
Unha experiencia estupenda para o noso padal, a nosa saúde e a nosa mente!
No anterior trimestre, fixemos unha saída á Granxa Casa da Fonte, preto do noso centro, actividade da ANPA e que enmarcamos dentro do noso Pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti".Quedounos pendente unha actividade.
O venres realizamos un obradoiro de MANTEIGA, na que Eros nos contou o proceso para poder elaborala e posteriormente repartiu un anaco a cada participante para que a manipulásemos e lle désemos forma. Envolvémola e levámola á casiña para compartir coa familia e unhas deliciosas torradas nunha merenda ou almorzo.
Grazas a Eros, a granxa Casa da Fonte e a nosa ANPA por facelo posible!
Polo día de Rosalía de Castro, ademais doutras moitas actividades, e partindo duns versiños dun poema da autora, a rapazada do Baliño xunto cos seus mestras e mestres, elaboraron uns espetiños de amorodos que comemos todos xuntos nun anaco de tempo durante o recreo.
Para rematar o entroido no cole, tras o xoves de comadres, e dar o pistoletazo de saída á troula e festa con amig@s e familia fóra do centro, propuxémoslles as nosas benqueridas familias, a elaboración dalgunha sobremesa típica do Entroido, que despois compartimos nunha xornada de risas, desfile de disfraces, xogos, música, baile, confidencias...
Coma sempre, non nos defraudaron e prepararon con agarimo moitas sobremesas (orellas de Entroido, filloas de leite, biscoitos, hoxaldres de mazá, tarta de améndoas....) e como non tendo en conta as intolerancias habidas no cole entre o noso alumnado. Acompañamos os doces cunha chocolatada...ummm que rico!!
Dende aquí, queremos agradecervos de corazón a participación, con pouco máis a cambio que o tempo compartido con nós...
Grazas dende o Baliño!! Quedounos moi bo sabor de boca, non descartamos "tirar" de vós moitas veces máis...un pracer. SODES XENIAIS!
Pois cremos que este ano montaremos a nosa propia producción alimentaria...jajajaj. Entre os productos que nos dá a nosa horta e o que nos animamos a elaborar (marmelo, iogures...)... dádenos un pouco de tempo e xa o veredes! O pdi "Coñecendo a nosa provincia", lévanos a recordar coma os nosos antepasados elaboraban os seus alimentos na casiña, en familia, aproveitando as colleitas...
A rapazada de 3º e 4º acompañada dos mestres animouse agora a facer nada máis e nada menos que o seu propio pan...Experimentar todos xuntos o proceso foi unha gozada e o rico que lles saíu ao final, un éxito total.
A continuación, deixámosvos fotos do proceso e mailo resultado, acompañado dos ingredientes e pasos para que o poidades elaborar vós mesmos. So fai un pouco de QUERER!
Ingredientes:
Fariña de trigo
Auga
Levadura feita con masa nai
Sal
Pasos elaboración:
1. Disolver sal en auga temperá. Botar nun bol a fariña e facer un volcán cun cráter.
2. Engadir auga e a masa nai, mesturando pouco a pouco e engadindo fariña ata que non se peguen as mans.
3. Cando teñamos unha masa compacta, deixar repousar durante 2 horas (canto máis repouso mellor)
4. Amasar pouco facendo formas ou dividindo a masa en dúas.
5. Deixar repousar 30min mentres prequentamos o forno
O marmelo dos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º, quedoulles delicioso. Déronnos a proba. Botáronlle panela e pouca cantidade, asi que semellaba unha marmelada. Pero estaba riquísima, polo que aproveitaron para facer unha merendola antes do recreo na súa aula. Por suposto, hixiene, lavaron antes as mans coma sempre, e compartiron a comida e a felicidade do éxito do traballo en equipo.
A profe Maite preparoulles uns envases para levar a casa e desfrutar coa familia!