Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Do centro

Proceso de Matrícula 2023-24

Alumnado que xa está no centro e vai a continuar.

(non ten que presentar nada)

A variación de curso, ciclo ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro, sen prexuízo do establecido para os centros docentes adscritos.

 

Alumnado de Infantil que entra no colexio.

1.       Reserva de praza no centro de orixe: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.ED550A-G.pdf  ED550A-C.pdf  ou por sede electrónica ED550A
2.       Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
3.       Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
4.       Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. 

SEDE ELECTRÓNICA

                                          SOLICITUDE                                        SOLICITUD 

5.       Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
6.       Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
7.       Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
8.       Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
9.       Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
10.   Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro 

 

Alumnado de Primaria que se vai a ESO.

1.     Reserva de praza no centro de orixe: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro. ED550A-G.pdf  ED550A-C.pdf  ou por sede electrónica ED550A

2.       Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

3.       Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
4.       Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
5.       Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
6.       Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
7.       Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
8.       Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
9.       Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño-7 de xullo.
10.   Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro

 

  Normativa de aplicación

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

FONDO/AXUDA LIBROS E MATERIAL 2022-23 (05/05/2021 a 22/06/2021)

Normativa: Orde do 29 de abril de 2022

                          Extracto da orde que regula a convocatoria.

Destinatarios: O alumnado que curse primaria  ou que curse ESO (no curso 2022-23)

Prazo de presentación: ata o 22 de xuño ( inclusive).

Lugar de presentación: o medio de presentación preferible é aplicación informática fondolibros, que se tramita a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Tamén se pode presentar no centro, Primaria (Ceip Monte Baliño)

ESO (no Instituto)

Documentación a entregar:

a) Anexo I  e Anexo II

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia. Se non se presenta Anexo II

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Cando o centro non fixase os seus propios prazos, as datas límite para realizar os trámites indicados no ordinal 1º serán:

a) Para gravar solicitudes e emendas: o 6 de xullo de 2022.

b) Para publicar as listaxes provisionais: o 7 de xullo de 2022.

c) Para gravar o resultado de reclamacións: o 11 de xullo de 2022.

d) Para publicar as listaxes definitivas: o 11 de xullo de 2022

Mascarillas

Artigo 2. Alumnado destinatario ( só primaria)

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Artigo 6. Alumnado exento de presentar solicitude

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Artigo 8. Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Base legal.pdf

Devolución de fondo libros, libros de biblioteca e ordenadores.

Datas de entega preferente (se algunha familia non pode no seu día, entregarao cando poida, pero por favor respetade na medida do posible a data establecida para cada un):

Luns 22 de xuño: 3º e 4º de primaria. (fondo libros e libros de biblioteca)

Martes 23 de xuño: 5º e 6º de primaria. (5º libros de biblioteca e 6º ordenadores e libros de biblioteca)

Mércores 25 de xuño: 1º e 2º de primaria. (libros de biblioteca)

Venres 26 de xuño: Infantil. (libros de biblioteca)

O alumnado de 5º que pasan para 6º non teñen que devolver os ordenadores poderanos ter todo o verán na casa.

Libros curso 2020-21

Distribuir contido


by Dr. Radut